Efecto barba verde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
O xene csA no [[mofo mucilaxinoso]] ''[[Dictyostelium discoideum]]'', descuberto en 2003,<ref name=discoideum/> codifica unha proteína de [[adhesión celular]] que se une a proteínas gp80 doutras células, o que permite a formación no [[solo]] do corpo frutífero multicelular. Mesturas de células [[knockout de xenes|knockout]] csA con células de tipo silvestre orixinan [[espora]]s, orixinadas en corpos frutíferos, que son nun 82% de tipo silvestre ou salvaxe. Isto débese a que as células de tipo silvestre son mellores para adherirse e combínanse máis eficazmente formando agregados; as células knockout son superadas. Sobre substancias máis adhesivas pero menos naturais, as células knockout poden adherirse; as células silvestres aínda poden adherirse mellor, siuándose preferentemente no talo.<ref name=discoideum />
 
En 2006, observouse un recoñecemento de tipo barba verde no comportamento cooperativo entre morfos de cor de lagartos do xénero ''[[Uta]]'', aínda que os trazos parecían estar codificados por múltiples loci ao longodolongo do [[xenoma]].<ref name="pmid16651531">{{cite journal |vauthors=Sinervo B, Chaine A, Clobert J, Calsbeek R, Hazard L, Lancaster L, McAdam AG, Alonzo S, Corrigan G, Hochberg ME | title = Self-recognition, color signals, and cycles of greenbeard mutualism and altruism | journal = Proc Natl Acad Sci USA | volume = 103 | issue = 19 | pages = 7372–7377 |date=May 2006 | pmid = 16651531 | url = | doi =10.1073/pnas.0510260103 | pmc = 1564281 }}</ref>
 
Un exemplo máis recente, atopado en 2008, é un xene que fai que o [[Saccharomyces cerevisiae|lévedo de panadería]] se aglomere en resposta a unha toxina como o alcohol.<ref name=Prakash/> Investigando a [[floculación]], un tipo de autoadherencia presente xeralmente en agregacións asexuais, Smukalla ''et al.'' mostraron que ''Saccharomyces cerevisiae'' é un modelo da evolución do comportamento cooperativo. Cando este [[lévedo]] expresa o xene FLO1 no laboratorio, recupérase a floculación. A floculación é aparentemente protectora para as células FLO1+, as cales están protexidas de certos estreses (o [[etanol]], por exemplo). Ademais, as células FLO1+ adhírense preferentemente unhas a outras. Os autores concluíron que a floculación está impulsada por este alelo barba verde.<ref name=cerevisiae/>
 
UUn exemplo en mamíferos parece ser a estratexia reprodutora do rato ''[[Apodemus sylvaticus]]'', o cal ostramostra cooperación entre [[espermatozoide]]s. Os espermatozoides nesta especie engánchanse uns a outros formando trens de espermesperma, que poden moverse máis rápido xuntos do que o faría un espermatozoide por separado.<ref name="Moore" />
 
Suxeriuse ademais que podería producirse [[especiación]] pola manifestación dun efecto barba verde.<ref>{{cite journal| doi=10.1554/0014-3820(2003)057[0154:SMS]2.0.CO;2 |title=Socially mediated speciation| author1=Hochberg, Michael E. |author2=Sinervo, Barry |author3=Brown, Sam P. | journal=Evolution| volume= 57|issue=1|pages=154–158| year=2003|url=http://bio.research.ucsc.edu/~barrylab/classes/game_theory/HochbergEvo2003.pdf}}</ref>