Diferenzas entre revisións de «Selección de fútbol de Alemaña»

corrixo *destaque e outros
m (→‎top: Arranxos varios)
(corrixo *destaque e outros)
A '''selección nacional de fútbol de Alemaña''', é o equipo representativo de [[Alemaña]] nas competicións internacionais oficiais de [[fútbol]]. A súa organización está a cargo da [[Federación Alemá de Fútbol]] (''Deutscher Fußball-Bund''), pertencente á [[UEFA]]. Gañadora de catro [[Copa do Mundo de Fútbol|Copas do Mundo]] ([[Copa Mundial de Fútbol de 1954|1954]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1974|1974]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1990|1990]] e [[Mundial de Fútbol Brasil 2014|2014]]) e tres [[Eurocopa]]s, é unha das seleccións máis prestixiosas do mundo deste deporte.
 
A nivel de [[Copa do Mundo de Fútbol|Mundiais de fútbol]] tan só {{sel|Brasil}} e {{sel|Italia}} teñen máis títulos,. Alemaña ademais disputou outras catro finais onde non acadou a vitoria, sendo a selección europea con más finais disputadas, igualando a {{sel|Brasil}} con sete ocasións: [[Copa Mundial de Fútbol de 1954|1954]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1966|1966]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1974|1974]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1982|1982]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1986|1986]], [[Copa Mundial de Fútbol de 1990|1990]] e [[Copa Mundial de Fútbol de 2002|2002]]. Foi ademais a primeira selección que liderou a [[Ranking FIFA de seleccións nacionais|Clasificación Mundial da FIFA]], ocupando o primeiro posto durante [[1993]] e [[1994]].
 
Entre os anos 1949 e 1990 existiron dous equipos xermanos, o de {{sel|Alemaña Oriental}} ([[República Democrática Alemá]]) e Alemaña Occidental ([[República Federal Alemá]]). Tódolos títulos foron conseguidos pola Alemaña do Oeste, excepto a [[Medalla de Ouro]] nos [[Xogos Olímpicos]] de 1976. A selección ten varios capitáns honorarios (''Ehrenspielführer'') que son: are [[Fritz Walter]], [[Uwe Seeler]], [[Franz Beckenbauer]] e [[Lothar Matthäus]]. En certa ocasión o xogador [[Inglaterra|inglés]] [[Gary Lineker]] dixo: "O fútbol é un deporte que inventaron os ingleses, xogan once contra once detrás dun balón, e ao final sempre gaña Alemaña".
 
== Historia ==
A selección de fútbol de [[Alemaña]], daquela o [[Segundo Reich]], xogou o seu primeiro encontro o [[5 de abril]] de [[1908]] fronte a {{sel|Suíza}}, partido que se saldou con derrota para os [[Alemaña|xermanos]] por 5 a 3. As cores do uniforme da selección, o branco e o negro, proceden das cores da monarquía alemá durante este período. Pese que a selección non xogou o seu primeiro encontro até [[1908]], a [[Federación Alemá de Fútbol]] ou [[Deutscher Fußball-Bund]], fora fundada en [[1900]], sendo unha das fundadoras da [[FIFA]] en [[1904]]. A selección estivo durante épocas fortemente marcada pola política. Entre [[1938]] e [[1945]], [[Austria]] ficou integrada na [[Alemaña Nazi]]. Con iso, destacados xogadores austríacos pasaron a ser tamén aproveitados pola selección alemá, mentres a [[Selección de Fútbol de Austria|austriaca]] (que utilizaba tradicionalmente un uniforme semellante) foi extinguida momentaneamente. A anexión ocorreu meses antes da [[Mundial de Fútbol Francia 1938|Copa do Mundo de 1938]], para a cal ambas as seleccións estaban clasificadas. Seis austríacos foron convocados para defender a Alemaña no mundial.
 
Trala Guerra, Alemaña foi dividida. As áreas conquistadas no conflito volveron aos antigos países, e o territorio alemán pre-guerra dividiuse en catro: [[Austria]] volveu a ser un país independente e a [[Selección de fútbol de Austria|súa selección]] foi retomada, foron creadas [[Alemaña Occidental]] e [[Alemaña Oriental]], cada unha tamén coa súa propia selección, e o [[Sarre]], aínda que este último a finais dos [[1950|anos 50]], foi integrado na [[Alemaña Occidental]].
 
[[Ficheiro:Bundesarchiv Bild 183-N0622-0035, Fußball-Weltmeisterschaft, Spiel DDR-BRD.jpg|miniatura|upright=1.67|dereita|Partido entre as dúas Alemañas na [[Mundial de Fútbol Alemaña 1974|Copa do Mundo de 1974]], que se saldou con vitoria por parte dos Orientais por 1 a 0.]]
As dúas Alemañas proseguiron divididas até o ano de [[1990]], cando [[Reunificación Alemá|se reunificaron]]. A reunificación deuse xa tras a [[Mundial de Fútbol Italia 1990|Copa do Mundo daquel ano]], gañada pola propia selección da [[Alemaña Occidental]]. Os occidentais, que continuaron a usar o uniforme da Alemaña pre-guerra, tiverondestacaron un destaque amplamente maiorclaramente, clasificándose para tódalas edicións da [[Copa do Mundo de Fútbol|Copa do Mundo]], sendo campións en [[Mundial de Fútbol Suíza 1954|1954]], [[Mundial de Fútbol Alemaña 1974|1974]] (onde foron os anfitrións) e [[Mundial de Fútbol Italia 1990|1990]] gañando en todos contra as seleccións favoritas ao título, respectivamente {{sel|Hungría}}, {{sel|Países Baixos}} e {{sel|Arxentina}}. Unicamente non disputaron a [[Mundial de Fútbol Brasil 1950|Copa do Mundo de 1950]], cando non existía ningunha selección alemá existía. Os occidentais tamén disputaron todas as [[Eurocopa]]s a partir da edición de [[Eurocopa 1972|1972]], sendo campións. Vencerían tamén na de [[Eurocopa 1980|1980]].
 
A [[Selección de fútbol de Alemaña Oriental|Selección de Alemaña Oriental]], máis feble, clasificouse só para unha [[Copa do Mundo de Fútbol|Copa do Mundo]], xustamente a de [[Mundial de Fútbol Alemaña 1974|1974]], realizada na [[Alemaña Occidental]]. Ambas se afrontaronenfrontaron na primeira fase e os orientais conseguiron unha histórica vitoria, tras vencer por 1 a 0. Acostumaban a facer boas fases eliminatorias, deixando de clasificarse para normalmente no última partido. Non conseguiron clasificarse para ningunha [[Eurocopa]]. Por outro lado, gañaron ouro nos [[Xogos Olímpicos]] (nas [[Xogos Olímpicos de 1976|Olimpíadas de 1976]]), o que as Alemañas pre-guerra, Occidental e reunificada non conseguiron. A selección oriental usaba tamén camisola e medias de cor branca, mais adoptou o azul ao contrario do negro na cor dos pantalóns. O [[azul]] era a cor da xuventude do [[Partido Socialista Unificado de Alemaña|Partido Comunista]] do país. O uniforme reserva consistía na combinación inversa ao do principal, sendo consagrado ao ser o utilizado na vitoria sobre a Alemaña Occidental en [[1974]].
 
A Alemaña reunificada, que continuou usando os uniformes tradicionais da Occidental, chamou en maior parte xogadores nacidos no antigo país, aínda que os mellores xogadores de despois da reunificación viñesen do lado oriental: [[Matthias Sammer]] e [[Michael Ballack]]. O primeiro título dende a reunificación foi a [[Eurocopa 1996]].
54.976

edicións