Enxeñaría: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío de es.wiki
Liña 34:
 
== Centros de estudo ==
=== Primeiras escolas de enxeñaría ===
Nos seus inicios a enxeñaría estivo ligada case exclusivamente ás actividades militares, gobernamentales e relixiosas. Abonda con mencionar os camiños, pontes, muralas, torres, faros, portos ou monumentos funerarios. En tempos de paz a enxeñaría foi posta ao servizo do benestar do ser humano, á marxe da guerra e dos exércitos, e por iso cando no século XIX algunhas universidades comezaron a ofreceren estes estudos denominárona [[enxeñaría civil]], para distinguila da exercida polos militares (enxeñaría militar).
 
As primeira escolas universitarias en [[Europa]] e [[América]] foron:
* [[École nationale des ponts et chaussées]] de [[París]], [[Francia]], 1747.
* Academia de Minas de [[Freiberg (Sajonia)|Freiberg]], [[Alemaña]], 1765.
* Academia de Artillería de [[Segovia]], [[España]], 1764. Como castigo ao corpo de Artillería, o [[Miguel Primo de Rivera|Xeneral Primo de Rivera]] eliminó a dobre titulación de Tenente de Artillería e Enxeñeiro Industrial para os graduados nesta Academia.
* [[Academia de Minería e Xeografía Subterránea de Almadén]], [[España]], 1777.
* [[ENSAM|École Nationale Supérieure d'Arts et Métiers]] (Arts et Métiers ParisTech), [[Francia]], fundada en 1780 por fillos de soldados. É a escola de enxeñeiros francesa máis importante, principalmente recoñecida polo seu diploma en enxeñaría mecánica e industrial.
* Academia Real de Fortificação, Artilharia e Desenho, en [[Lisboa]], [[Portugal]], 1790.
* Real Seminario de Minería, en [[México]], 1792.
* Real Academia de Artilharia, Fortificação e Desenho, en [[Río de Janeiro]], [[Brasil]], 1792.
 
=== Centros en Galicia ===
Actualmente existen varios focos de ensino en Galicia en canto ó campo da enxeñaría se refire. Son fundamentalmente as cidades de [[Ferrol]] e [[Vigo]], aínda que co paso do tempo tamén se foron implantando estudos de enxeñaría ou enxeñaría técnica na [[A Coruña|Coruña]], [[Lugo]], [[Ourense]] e [[Pontevedra]]. Con todo, os centros das dúas primeiras cidades son moito máis técnicos e orientados cara a industria pesada e urbana, mentres que nas escolas das capitais impártense titulacións máis vencelladas co medio rural. Os estudos divídense en dous ciclos antes da aplicación do [[proceso de Bologna]] para crear un [[Espazo Europeo de Educación Superior]]: un primeiro ciclo de tres cursos (chamado Enxeñaría técnica, non Diplomatura) e un segundo ciclo de dous cursos (que conduce ó título de Enxeñaría, non ó de Licenciatura). Os centros onde se imparten chámanse escolas, non facultades. O normal é que as Escolas teñan os dous ciclos por separado pero tamén poden existir escolas de ciclo único de cinco cursos (na cal non se obtén a titulación ata pasalos todos).
 
Liña 51 ⟶ 65:
 
'''A Coruña'''
* antes EUETI(S), despois ETSEI: Enxeñaría en informática e Enxeñaría técnica en informática (de sistemas e de xestión), na [[Facultade de Informática da Coruña|facultade de Informática]];
* ETSECCP: Enxeñaría de camiños, canles e portos
'''Ferrol'''