Urano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Suxerencia > suxestión.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
Mentres Herschel continuaba describindo coidadosamente o novo obxecto como un cometa, outros astrónomos xa comezaran a sospeitar que non o era. O astrónomo ruso [[Anders Johan Lexell]] foi o primeiro en calcular a órbita do novo corpo, e a súa traxectoria case circular levouno á conclusión de que era un planeta e non un cometa. O astrónomo alemán [[Johann Elert Bode]] describiu o descubrimento de Herschel como "unha estrela en movemento que pode ser considerada ata a data un obxecto descoñecido como un planeta circulando máis alá da órbita de [[Saturno]]". Bode chegou á conclusión de que a súa órbita case círcular era máis propia dun planeta que dun cometa.
 
O obxecto foi ao pouco tempo universalmente aceptado como un novo planeta. Cara a [[1783]], o propio Herschel recoñeceu este feito ao presidente da Royal Society [[Joseph Banks]]: "Pola observación dos astrónomos máis eminentes en Europa semella que a nova estrela, que tiven a honra de sinalarlles en marzo de 1781, é un planeta primario do noso Sistema Solar". En recoñecemento ao seu descubrimento, o rei [[Xurxo III do Reino Unido|Xurxo III]] déulle a Herschel un estipendio anual de 200 libras coa condición de que se transladase a Windsor para que a familia real tivese a oportunidade de mirar a través dos seus [[telescopio]]s.
 
=== Denominación ===
Liña 33:
Urano xira ao redor do [[Sol]] unha vez cada 84 anos terrestres. A súa distancia media á estrela é duns 3.000 millóns de quilómetros (ao redor de 20 UA). A intensidade da luz solar no planeta é aproximadamente 1/400 da que se dá na [[Terra]]. Os seus elementos orbitais foron calculados por vez primeira en [[1783]] por [[Pierre-Simon Laplace]]. Co tempo comezaron a aparecer discrepancias entre as órbitas preditas e as observadas, e en [[1841]] [[John Couch Adams]] propuxo por primeira vez que as diferenzas poderían deberse ao tirón gravitacional un planeta invisible. En [[1845]] [[Urbain Le Verrier]] comezou a súa propia investigación independente sobre a órbita de Urano. O [[23 de setembro]] de [[1846]] [[Johann Gottfried Galle]] localizou un novo planeta, posteriormente chamado [[Neptuno]], case na posición predita por Le Verrier.
 
O período rotacional do interior de Urano é de 17 horas e 14 minutos, xirando no sentido das agullas do reloxo (retrógrado). Como en todos os planetas xigantes, na súa atmosfera superior hai fortes ventos na dirección da rotación. Nalgunhas latitudes, como preto de dous terzos de distancia do ecuador cara oao polo sur, trazos visibles da atmosfera móvense moito máis rápido, facendo unha rotación completa en tan só 14 horas.
 
== Satélites ==
Liña 43:
 
== Exploración ==
En [[1986]], a sonda interpanetaria da [[NASA]] [[Voyager 2]] atopouse con Urano. Esa pasada segue a ser a única investigación o planeta realizada a curta distancia, e na actualidade non hai plans para novas visitas. Lanzado en [[1977]], o Voyager 2 realizou o seu achegamento máis próximo a Urano o [[24 de xaneiro]] de [[1986]], estando a 81.500 quilómetros da súa capa de nubes, antes de continuar a súa viaxe cara a [[Neptuno]]. O Voyager 2 estudou a estrutura e a composición química da atmísfera do planeta, incluída a súa meteoroloxía única, causada pola inclinación axial de 97,77°. Realizou as primeiras investigacións detalladas dos seus cinco satélites máis grandes, e descubriu 10 novas lúas. Examinou os nove [[aneis de Urano|aneis]] coñecidos e descubriu dous novos. Tamén estudou o campo magnético, a súa estrutura irregular, a súa inclinación e a súa peculiar magnetosfera.
 
A posibilidade de enviar a nave [[Cassini–Huygens|Cassini]] a Urano foi avaiada durante unha fase de planificación da extensión da súa misión no ano [[2009]]. Precisaríanse uns 20 anos para chegar ao sistema do planeta tras deixar [[Saturno]].