Olimpíada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
O termo olimpíada vén do nome da cidade de [[Olimpia]], en [[Grecia]], onde por volta do ano 776 a.C., comezáronse a celebrar polo verán na honra de [[Zeus]], un certame de xogos deportivos cada catro anos, até que o emperador romano [[Teodosio I]] decidiu suprimilo, no final do século IV d.C. No [[século XIX]] o francés [[Pierre Frèdy]], barón de Coubertin, decide volver a organizar uns xogos semellantes aos da antigüidade, fundando o [[Comité Olímpico Internacional]]. O 6 de abril de 1896, celébrase en Atenas a primeira olimpíada da era moderna, que durou unicamente dous anos, e non catro, dende a fundación do Comité Olímpico Internacional en [[1894]] até os primeiros [[Xogos Olímpicos de 1896|Xogos de 1896]].
 
Polo tanto a cidade de Olimpia (''Olumpía'', na forma grega orixinaria, en relación co Olimpo (''Ólumpos'', ‘o alto entre o máis alto’), a morada dos deuses–, empregando para iso o xenitivo ''olumpiádos'', que pasa ao latín como ''olympiadis'') é o eixo vertebrador de todo o léxico asociado ás Olimpíadas (do adxectivo olímpico -a, o adverbio olimpicamente ou o substantivo olimpismo, “o conxunto de valores e ideais propios dos xogos olímpicos”) e tamén o piar de boa parte da simboloxía propia do certame, como o rito de inauguración que consiste en prender a [[Lapa (química)|flama]] olímpica no [[estadio]] desta cidade para logo levala acesa nun [[facho]] deica o país de acollida dos xogos que corresponda en cada edición<ref>[http://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/olimpiadas/ Artigo sobre as Olimpíadas no Porta das Palabras]</ref>.
 
== Notas ==