Olimpíada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Porén moitas veces o termo '''Olimpíadas'''<ref>Olimpíadas, escrito normalmente en plural e letras maiúsculas.</ref> faise sinónimo de [[Xogos Olímpicos]], a celebración deportiva internacional que ten lugar cada catro anos nunha cidade distinta e na que participan deportistas, na súa maioría, non profesionais<ref>Definición no Dicionario da [[Real Academia Galega]], A Coruña, RAG, 2012.</ref>, esta definición é tamén empregada con frecuencia na linguaxe [[Xornalismo deportivo|xornalística]], porén fan referencia a conceptos distintos e, en certa medida, opostos, xa que de forma xeral a olimpíada é xusto o tempo que non é xogo olímpico. Existe, polo tanto, a nivel lingüístico, certa polémica e aínda que a denominación institucional aposta por definir olimpíada como período entre xogos, na práctica en portugués, castelán, francés, inglés ou galego, Olimpíada pasou tamén a designar a celebración deportiva<ref>[http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/uip/arquivo/numero_108.html Servizo de Normalización Lingüística da [[USC]].]</ref>.
 
NaEn actualidade ([[2016]]) atopámonos na 31ª Olimpíada da era moderna, e os [[Xogos Olímpicos de 2016]] de [[Río de Xaneiro]] son conseguintemente os ''Xogos Olímpicos da XXXI Olimpíada''. A partir do momento da súa finalización comezará a trixésimo segunda olimpíada, cuxos Xogos Olímpicos terán lugar en [[Tokio]] ([[Xapón]]) no ano [[2020]]. Porén, non houbo ata a data 30 Xogos Olímpicos de verán, senón unicamente 27. Os [[Xogos Olímpicos de 1916|Xogos da sexta olimpíada (Berlín 1916)]], da [[Xogos Olímpicos de 1940|duodécima (Helsinki[[Helsinqui]] 1940)]] e da [[Xogos Olímpicos de 1944|décimo terceira (Londres 1944)]] non se chegaron a realizar por mor das guerras mundiais, pero o calendario de olimpíadas seguiu correndo.
 
O termo olimpíada vén do nome da cidade de [[Olimpia]], en [[Grecia]], onde por volta do ano 776 a.C., comezáronse a celebrar polo verán na honra de [[Zeus]], un certame de xogos deportivos cada catro anos, até que o emperador romano [[Teodosio]] decidiu suprimilo, no final do século IV d.C. No [[século XIX]] o francés [[Pierre Frèdy]], barón de Coubertin, decide volver a organizar uns xogos semellantes aos da antigüidade, fundando o [[Comité Olímpico Internacional]]. O 6 de abril de 1896, celébrase en Atenas a primeira olimpíada da era moderna, que durou unicamente dous anos, e non catro, dende a fundación do Comité Olímpico Internacional en [[1894]] até os primeiros [[Xogos Olímpicos de 1896|Xogos de 1896]].