Igrexa de San Pedro de Bembibre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3742393 de Banjo (conversa)
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
|estilo = [[Románico]]
}}
A '''Igrexaigrexa de San Pedro de Bembibre''' é unha igrexa románica da parroquia de [[Bembibre, Taboada|Bembibre]], no concello de [[Taboada]] ([[provincia de Lugo]]). É o máis destacado exemplo de [[arquitectura románica]] do concello de Taboada, tanto pola súa monumentalidade como polo seu estado de conservación. Está declarada [[Ben de Interese Cultural]].
 
== Historia ==
A inscrición na porta lateral indica que foi erguida no ano [[1229]] da era hispánica, polo que a data correcta é a de 1191. Algunhas fontes indican que formaba parte dun complexo monástico hoxe desaparecido, cuxa pedra foi empregada para construír, no [[século XV]], o pazo dos condes de San Pedro. Isto explicaría a súa situación, afastada a case un quilómetro de calquera núcleo de poboación.
 
No ano [[1681]] recibiu sepultura neste templo Dondon Xoán Taboada Ribadeneira e Figueroa, primeiro conde de Taboada, nun sartego que representa a figura do finado e inclúe unha inscrición. Este templo estivo vinculado, igual que a parroquia e boa parte do concello, á familia dos Taboada, pola presenza do seu escudo no retablo e a titularidade do camiño que leva a ela dende o pazo, que é privada aínda que se emprega de forma totalmente pública.
 
== Exterior ==
Conta cunha única nave rectangular, cuberta por un tellado a dúas augas, e unha [[ábsida]] semicircular con [[bóveda de canón]]. No lado sur construíuse, contemporaneamente, unha sacristía[[sancristía]]. Ten dous [[contraforte]]s a cada lado do edificio, polo que nun principio a igrexa puido ser concibida con idea de facela máis alta ou mesmo abovedada completamente.
[[Ficheiro:Iglesia de San Pedro de Bembibre (4438877850).jpg|miniatura|Portada principal]]
 
Liña 27:
A portada sur ten dobre arquivolta de medio punto e o arco menor decorado con motivos florais; os capiteis do lado esquerdo están ornamentados con decoracións vexetais, e os dereitos, con decoracións animais. Destes últimos, o capitel pertencente á arquivolta representa os mitolóxicos [[grifón]]s. Aquí está a inscrición coa data de construción do edificio.
 
A [[espadana]] é sinxela e é do [[século XVIII]] (a orixinal debeu ser destruída por un lóstrego) e o cruceiro que hai fóra do recinto, do [[Século XIX|XIX]].
 
== Interior ==