Ovo (alimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 170:
Esta normativa, aplicable desde o [[1 de xullo|1º de xullo]] de [[2007]], vén deroga-lo Regulamento CEE nº 1907/90, ó que lle debémo-las bases hixiénico-sanitarias que hoxe coñecemos na produción e comercialización de ovos, a forma de clasificalos e etiquetalos e os [[autocontrol|autocontrois]] que produtores e envasadores deberán desenvolver para garanti-la [[seguridade alimentaria|seguridade]] dos ovos postos no mercado.
 
Aplícase a tódolos ovos producidos e comercializados no ámbito da [[Unión Europea]], pero tamén ós ovos importados ou exportados a terceiros países. Só se exclúe, e coas limitacións que deberá marca-la lexislación de cada país, a venda de pequenas cantidades directamente do produtor ó [[consumidor final]], no lugar de produción, no mercado público local ou na venda a domicilio. En calquera caso, esta modalidade de venda directa do produtor no mercado local non queda exenta da obrigatoriedade da etiquetaxe identificativa, agás que a súa explotación teña menos de 50 galiñas. Tampouco se permite esta venda directa a [[minoristaretallista|establecementos minoristasretallistas]] ou de [[restaurante|restauración]], que só poden abastecerse de empresas autorizadas.
 
Só se consideran aptos para consumo humano directo os ovos frescos, de categoría A. Os ovos de categoría B só poden destinarse á industria (para a elaboración de [[ovoproduto]]s) e, unha vez transformados, poderán ser destinados a industrias alimentarias ou non alimentarias.
Liña 180:
* Xema: visible ó trasluz como unha sombra, sen contorno claramente discernible, situada centralmente e que non se mova sensiblemente ó somete-lo ovo a un movemento de rotación; tamén sen olores estraños, exenta de materias estrañas e coa galadura de desenvolvemento imperceptible.
 
Os ovos de categoría A non poden haber sido lavados nin limpados por outros procedementos, nin sometidos a tratamentos de [[conservación de alimentos|conservación]] ou [[refrixeración]] por debaixo dos 5 °C (non considerándose tratamento frigorífico o [[transporte]] nin o mantemento a temperaturas inferiores a aquela nos locais de [[minoristaretallista|venda polo miúdo]]).
 
Os ovos de '''categoría B''' deberán presenta-las seguintes características mínimas: