Alexandre VIII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: {{Commonscat}}
m →‎Papado: graza
Liña 30:
Contravindo as prácticas do pontificado anterior, inmediatamente despois de que o elixisen papa lanzouse a un nepotismo desenfreado: en Roma rexistrouse un auténtico desembarco de ''Ottoboni'' venecianos e de achegados a estes, todos prestos a recibir cargos e prebendas. Cinguíndose ós seus familiares máis próximos, nomeou un sobriño seu, Antonio, xeneral en xefe dos exércitos dos [[Estados da Igrexa]]; a outro sobriño, Pietro, de só dezanove anos, nomeouno cardeal diácono ''pro illa vice'' de ''San Lorenzo in Damaso'', gobernador de [[Fermo]], [[Tivoli]] e [[Capranica]], vice-chanceler da [[Igrexa Romana]], secretario de memoriais e vigairo papal no territorio de [[Avignon]]; a un terceiro sobriño, Marco, que era chepudo, colleu e, coas facultades mentais algo diminuídas, nomeouno superintendente das fortalezas e as galeras papais, e comprou para el o ducado de Fiano mediante o pago dunha auténtica fortuna. Dise que '''Alexandre VIII''', previndo que lle quedaba pouca vida e que o seu sucesor non sería tan pródigo, instaba ós seus favorecidos a acaparar rapidamente o máximo de prebendas coa frase: ''Le 24 stanno per scoccare'' (Falta pouco para media noite).
 
A finais de 1690 e mediante decreto do [[Santo Oficio]] condenou 31 proposicións das máis de 200 presentadas por un grupo de teólogos xesuítas belgas, especificamente os da universidade de [[Lovaina]], a propósito da graciagraza, a [[penitencia]] e da [[eucaristía]], así como a teoría do "pecado filosófico". Tamén se opuxo ó "rigorismo" excesivo de determinadas correntes morais, contraposto ó "laxismo" que fora denunciado en pontificados anteriores.
 
Malia o patrocino do monarca francés, condenou a declaración realizada en 1682 polo clero deste país en relación coas liberdades da [[Galicanismo|igrexa galicana]]. Mediante a bula ''Inter multiciples'' de 1692 declarou anulados catro artigos daquela declaración, así como o dereito de regalía. Porén, [[Luís XIV]], cunha situación política en momento crítico, conseguiu ganancias coas disposicións pacíficas do novo papa, e restituíu a este o territorio de [[Aviñón]] e do Condado Venasino, ó tempo que renunciaba ó dereito de asilo da Embaixada francesa. En compensación '''Alexandre VIII''' nomeou ó máis férvido dos galicanos, o bispo de [[Beauvais]] e embaixador de [[Francia]] ante a [[Santa Sé]] Toussaint de Forbin Janson, cardeal do título de ''San Agnese fuori le mura''.