John Stuart Mill: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m →‎Traxectoria: Compañía Británica das Indias Orientais
Liña 5:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Mill - Essays on economics and society, 1967 - 5499347.tif |thumb|''Essays on economics and society'', 1967]]
Fillo do filósofo e historiador escocés [[James Mill]], de tendencia liberal radical, recibiu unha educación rigorosa, estudou [[lingua grega|grego]] aos tres anos e despois latín, filosofía, álxebra e lóxica. O seu pai pretendía que o neno puidese liderar a causa do [[utilitarismo]] no futuro. Entre [[1820]] e [[1821]] viviu en [[Francia]] con [[Samuel Bentham]] e á volta a Inglaterra ingresou na [[Compañía Británica das Indias Orientais|East India Company]]. En 1823 fundou con [[Jeremy Bentham]] a revista ''Westminster Review'' para a difusión do pensamento democrático radical.
 
Moi influído polo pensamento de [[Auguste Comte]] e [[Alexis de Tocqueville]], o seu primeiro libro importante foi ''A System of Logic'' (1843), ao que seguiu ao ano seguinte os ''Essays on Some Unsettled Questions of Political Economy''. En 1848 publicou ''Principles of Political Economy''. ''On Liberty'' publicouna en 1859 como unha resposta a ''De la démocratie en Amérique'' de Tocqueville, sostén que o individuo é libre por natureza e que os dereitos existen só para asegurar a liberdade. En [[1869]] publicou ''The Subjection of Women'', que marca o comezo do feminismo liberal.