Baíñas, Vimianzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiKorunna (conversa | contribucións)
Ampliación da información e actualización dos datos
Liña 5:
|mapa =
|concello = Vimianzo
|provincia=A Coruña|superficie =23,70
|poboación = 757
|ano = 2015
|entidades = 15
|extensión = 23,70 km cadrados
}}
|Capital=[[Baíñas, Baíñas, Vimianzo]]}}
'''Santo Antoíño de Baíñas''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Vimianzo]] na [[comarca da Terra de Soneira]]. Segundo o [[IGE]] en [[2015]] tiña 757 habitantes (389 mulleres e 368 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano [[2009]] cando contaba con 829 habitantes (418 mulleres e 411 homes).
 
Liña 46 ⟶ 47:
</timeline>
 
== PatrimonioXeografía ==
Limita polo norte coas parroquias de [[Castrelo, Vimianzo|Castrelo]], [[Cambeda, Vimianzo|Cambeda]] e [[Serramo, Vimianzo|Serramo]], polo leste co concello de [[Zas]], polo surleste co concello de [[Mazaricos]], polo suroeste co concello de [[Dumbría]] e polo oeste coa parroquia de [[Berdoias, Vimianzo|Berdoias]].
 
[[Baíñas, Baíñas, Vimianzo|Baíñas]] é o segundo núcleo urbano do concello de Vimianzo, con presenza do sector servizos e ao comercio, aínda que nesta parroquia ten moita importancia a gandería e a agricultura.
 
== Patrimonio histórico e artístico ==
A pegada megalítica nesta parroquia pódese atopar no dolmen de Pedra da Arca, do IV – III milenio a. C., situado no límite co concello de Dumbría, unha das maiores antas de Galicia, que forma parte dun extenso campo de mámoas situado na beira dereita do río Xallas, moitas delas asolagadas polo encoro da Fervenza do río Xallas.<ref>{{Cita web|url=http://www.vimianzo.gal/info.php?id=15&idioma=gl&sec=17|páxina-web=Concello de Vimianzo|título=Baíñas|data-acceso=2016-08-01}}</ref>
 
A igrexa de Santo Antoíño ten planta rectangular é unha soa nave. Tellado a dúas augas e corpo acaroado ao muro norte. O templo que se ve actualmente edificouse sobre outro do [[século XII]], que pertenceu ao convento de San Antoíño de Baíñas de monxes bieitos, e do que aínda quedan lenzos de muros, contrafortes, restos de arcadas con capiteis decorados e canzorros con figuras humanas.<ref name=":0">{{Cita web|url=http://patrimoniogalego.net/index.php/49599/2013/09/igrexa-de-san-antoino-de-bainas/|título=Igrexa de San Antoíño de Baíñas|data-acceso=2016-07-21}}</ref>
 
No muro norte hai un tímpano nunha porta tapiada da antiga igrexa que parece representar a ”fuxida a [[Exipto]]”. A fachada é totalmente lisa e sen adornos, ten unha pequena ventá cadrada no centro e de extremos rebaixados. A torre do campanario amosa tres corpos. O primeiro, o das campás, é de base cadrada con ocos de arco de medio punto en cada cara e con pilastras nas esquinas, con cornixa moi voada e remate de pináculos nos catro lados que dan paso a o outro corpo, de base octogonal con vans que rematan en arcos e que sosteñen unha pequena cúpula con casetóns e rematada en pináculo.<ref name=":0" />
 
== Festas ==
* [[San Brais]]: [[3 de febreiro]]
* [[Santo Antonio|Santo Antoíño]]: 2 e 3 de [[setembro]]
 
== Notas ==