Globalización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 69:
=== Importancia das cidades ===
As novas condiciones socio-económicas terminan difuminando o poder e as atribucións dos estados-nación. Ante este panorama xorden con forza as [[cidade]]s, grandes urbes, que compiten entre elas para atraer capital, talento e turismo. Deixaron de formar parte dun orde xerárquico que establecía a súa preeminencia en factores poboacionais, de conectividade, ou culturais. Na globalización as cidades son unha porta, un modo de acceso á economía global, e as cidades deixan de ser fitos, e pasan a conformar redes. Unha mellor inserción nestas redes supón maior competitividade e atracción. Simultáneamente, a globalización é a impulsora do acelerado proceso de urbanización e metropolización da humanidade. Nos procesos migratorios, ademais das causas económicas, ambientais ou bélicas para abandonar un territorio está a perspectiva de acceder á economía global, da mellora nas condicións de vida que supón en moitos casos chegar á cidade. E unhas teñen moito máis que ofrecer que outras.<ref>Seisdedos, Gildo (2007). ''Cómo gestionar las ciudades del siglo XXI: del "city marketing" al "urban management"''. Ed. Pearson Educación p. 16.</ref>
=== Fitos no periodoperíodo de globalización ===
A continuación algúns fitos da crecente interdependencia entre os países do mundo. Non é unha lista que reflicta todo o que a globalización é, pero estes eventos poden identificarse no contexto da mesma.
 
* En novembro de [[1989]] o economista britanicobritánico [[John Williamson (economista)|John Williamson]] incluíu nun documento de traballo unha lista de dez políticas que consideraba máis ou menos aceptadas polos grupos económicos con sede en Washington e titulouno o ''[[Consenso de Washington]]'' (''Washington Consensus''). para algunhas persoas representan os puntos craves da globalización, con todo ambas cousas non son o mesmo.
 
* A creación en 1995 da [[Organización Mundial do Comercio]] (OMC) é un dos momentos decisivos da globalización. Por estar integrada pola maioría dos países da poboación mundial: propiedade intelectual, regulación de empresas e capitais, subsidios, tratados de libre comercio e de integración económica, réxime de servizos comerciais (especialmente educación e saúde), etc.