Crise económica de 2008-2013: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Denominacións: Crise económica de México de 1994
Liña 8:
O termo ''crise'' carece de definición técnica precisa pero está vinculado a unha profunda ''[[recesión]]'', a cal se define como dous trimestres consecutivos de decrecemento económico.<ref>Francisco Mochón. ''Economía. Teoría y Política''. McGraw Hill, Madrid, 2005. ISBN 978-84-481-9850-3</ref> Polo de agora, este fenómeno non se produciu na maior parte de economías desenvolvidas.
 
A presidenta arxentina [[Cristina Fernández de Kirchner]] no seu primeiro discurso na 63ª [[Asemblea Xeral da ONU]] denominou esta [[crise]] como ''Efecto Jazz'', dado que a orixe da crise foi o centro dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e despois espallouse para o resto do mundo, en clara contraposición a crises anteriores que se orixinaban en [[País emerxente|países emerxentes]] e se expandían para o centro, como foron o [[Crise económica de México de 1994|Efecto Tequila]], [[Efecto Caipirinha]] e o [[Efecto Arroz]].
 
A crise iniciada en 2008 foi cualificada por algúns especialistas internacionais como a "crise dos países desenvolvidos", xa que as súas consecuencias se observan fundamentalmente nos países máis ricos do mundo.