Andy Warhol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Morte: cadaleito
erro ortográfico
Liña 90:
O corpo de Warhol foi devolto polos seus irmáns a [[Pittsburgh]] para o funeral. O [[velorio]] tivo lugar no Thomas P. Kunsak Funeral Home e foi unha cerimonia ''[[corpore insepulto]]''. O [[cadaleito|ataúde]] era unha peza de bronce macizo, con adornos dourados e soportes brancos. Warhol levaba posto un traxe negro de cachemira, unha gravata de estampado tamén de cachemira, unha perruca prateada e os seus característicos lentes de sol. Tiña nas mans un pequeno [[breviario]] e unha rosa vermella. O funeral celebrouse na Igrexa católica bizantina do Espírito Santo, no North Side de Pittsburgh. Peter Tray pronunciou o seu encomio. [[Yōko Ono]] tamén se presentou. O féretro quedou cuberto por rosas brancas e brotes de [[esparragueira]]. Trala liturxia, o ataúde foi levado ó cemiterio católico bizantino de San Xoán Bautista, en Bethel Park (un barrio apartado do sur de Pittsburgh). Alí, el sacerdote pronunciou unha breve oración e asperxeu con auga bendita o ataúde. Antes de proceder ó descenso do mesmo, [[Paige Powell]] deixou caer un exemplar de ''"Interview"'', unha camisola da mesma revista e unha botella do [[perfume]] ''Beautiful'', de [[Estée Lauder]]. Warhol foi enterrado xunto ós seus pais, e unhas semanas máis tarde<ref>Concretamente, o 1 de abril de 1987, na Catedral St. Patrick's, de Nova York.</ref> repetiuse un oficio conmemorativo para Warhol en Manhattan.
 
O testamento de Warhol legaba toda a súa propiedade -agás algúns modestos detalles- a membros da súa familia, co fin de crear unha fundación dedicada ó ''"avance das artes visualesvisuais".'' Warhol tiña tantas posesións que [[Sotheby's]] necesitou nove días para poxar os seus bens tralo seu pasamento, e a suma total excedía os 20 millóns de dólares. A súa riqueza total era aínda maior, debido principalmente a inversións realizadas ó longo de toda a vida.
 
En 1987, de acordo coa última vontade de Warhol, constituíuse a Andy Warhol Foundation for the Visual Arts. A fundación non só serve como representante legal de Andy Warhol, senón que defende a súa misión de ''"espolear a innovación na expresión artística e o proceso creativo"'', e declárase ''"centrada, principalmente, en apoiar o traballo dun valor experimental ou rompedor"''.<ref name="warholfoundation intro">{{cita web |url=http://www.warholfoundation.org/intro.htm |título=Introduction |editorial=The Andy Warhol Foundation for the Visual Arts |dataacceso=2 de xaneiro de 2009}}</ref>