Torres de Oeste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
O século do estilo románico é o X- XI non o XV
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24:
O [[29 de outubro]] de [[1024]] o rei [[Afonso V o Nobre]] doa a [[Vistruario]] bispo de Iria, as torres. Cara ao ano [[1040]] o bispo [[Cresconio]]<ref>Posiblemente enterrado neste lugar no ano [[1066]].</ref> ordenou importantes traballos de reformas.
 
Pola ''[[Historia CompostelanaCompostelá]]'' sabemos que os traballos de melloras e reformas continuaron baixo os mandatos dos sucesores de Cresconio: [[Diego Páez]] e [[Diego Xelmírez]].
 
No [[século XII]] defínese a estrutura definitiva do castelo, quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.
Liña 35:
 
=== A ermida ===
Trátase do mesmo templo que [[Diego Xelmírez]] levantou '''ad fundamentis'' no ano [[1122]]. Atópase unida a unha torre e foi refeita en tempos modernos. En imaxes antigas pódense ver as [[Bóveda (arquitectura)|bóvedas]] totalmente derrubadas. A igrexa é dunha nave cun [[ábsida]] semicircular. Os perpiaños son raros e irregulares as fiadas. A nave cóbrese con bóveda de canón con directriz en [[arco de ferradura]]. O arco triunfal (semicircular) apóiase sobre [[Xamba|xambas]] de codillos.
 
A fachada principal coróase cunha [[espadana]] dunha soa troneira. A portada componse dunha sinxela porta cun lintel pentagonal, e sobre este un arco semicircular. No [[Tímpano (arquitectura)|tímpano]] restos dunha inscrición de difícil lectura. A fachada meridional carece de cornixa nin seteiras, e só se abre cunha porta alintelada cun arco de descarga similar ao da fachada occidental (principal). Na fachada setentrional ábrense cinco seteiras con arco de ferradura.
 
=== Achados ===
No [[Museo de Pontevedra]] consérvase unha [[doela]] (cat. nº 1488) que procede deste lugar co seguinte texto ''"ERA MCC"''. Tamén conserva un relevo rectagular, cunha cruz grega no centro e colgando un [[alfa]] e un [[omega]], é a peza nº 2088, coa seguinte inscrición: ''"IN HOC SIGNO TUETUR PIUS HOC SIGNO VINCITUR INIMICUS".''
 
== A Romaría Viquinga ==