Igrexa de Santa María de Cambre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 46:
A fachada principal está dividida en tres vías que se corresponden coas naves. Na fachada salienta o uso non habitual no exterior de columnas pareadas. A portada enmárcase por contrafortes. No tímpano móstrase o ''[[Agnus Dei]]'' inserido nun clípeo en forma de vieira. Nas arquivoltas semicirculares atopamos diversa decoración zoomórfica e antropomórfica coa mensaxe de denunciar ao mal apoiadas en dous pares de columnas acodilladas. Na clave do tímpano Daniel é representado entre vixiantes leóns rampantes. Nos capiteis represéntase a pesada das almas do xuízo fronte ao demo e a loita de San Miguel contra o dragón da apocalipse. Na vía da dereita, incrustada nun contraforte, érguese a primitiva torre da fachada, hoxe esmoucada, cunha escaleira de cosco iluminada por pequenas troneiras que dá acceso ao coro alto, que é de madeira.
 
A ambos lados da portada sitúanse radialmente dous vans con arcos de medio punto adornados con cinco [[Arco de ferradura|arcos de ferradura]] no seu [[intradorso]] feitos a imaxe dos da [[Fachadafachada das Pratarías]] compostelá.
 
Sobre a portada hai un tornachoivas soportado por [[canzorro]]s con figuras de animais e antropomorfas. Por riba do tornachoivas áchase un rosetón composto por unha celosía de círculos ao redor dun maior e enmarcada por molduras coa interior decorada con arquiños de ferradura. Remata a vía central unha espadana con dous ocos para as campás e coroada por unha sinxela cruz de pedra.