Diocese de Britonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 27:
A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos [[bretóns]] ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual [[Gran Bretaña]]<ref name=Britonia>[http://www.pangalaica.com/britonia/inicio.htm Bretoña, sede do bispado de Britonia].</ref>. Compelidos polas invasións [[anglosaxóns|anglosaxoas]], grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o [[século IV]] e [[século VII|VII]], dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de [[Armórica]], que acabará por tomar o nome actual de [[Bretaña]], a consecuencia deste poboamento.
 
É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes<ref name=Britonia/>. Certos grupos deberon chegar até as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a súa peculiar organización relixioso-cristiá algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretoña na Galiza, aparteá parte do da [[A Pastoriza|Pastoriza]]: [[Bretoña, Curro, Barro|Bretoña]] ([[Barro]]), [[Bertonía, San Martiño de Anllo, Sober|Bertonía]], [[Bertoña, A Capela, A Capela|Bertoña]] etc.
 
Tamén o nome propio [[Mailoc]] é de ascendencia celta-insular, relacionado con diferentes variantes, Maeloc, Maedoc ou Mailog, co significado de ''príncipe'' ou ''xefe''<ref>Indíxenas e romanos na Galicia céltiga, [[Rosa Brañas Abad|Brañas Abad, Rosa María]]. (1995). ISBN 978-84-605-4361-9. pp-134.</ref>.