Wicca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
Nas tradicións con liñaxe ou [[wicca tradicional]] (derivadas dos iniciados polo propio Gerald Gardner) considérase que a relixión é unha variedade máis de [[bruxería]] pagá, con prácticas, crenzas, estrutura organizativa e iniciática específicas. Constitúe unha sociedade secreta e exclusiva de bruxería, á que se ten acceso mediante a [[iniciación]] por outro membro, e coas sucesivas "iniciacións" ou graos avánzase no saber da relixión. As persoas iniciadas convértense en sacerdotes e sacerdotisas dos Antigos Deuses.
 
A wicca ecléctica deriva da tradicional. Nestas ramas atópase en xeral unhas estruturas rituais e uns principios éticos moi parecidos aos da wicca tradicional, a partir do material publicado e das aportaciónscontribucións dos diferentes autores wiccanos (moitos deles tradicionais) que crearan as súas propias tradicións. Na Comunidade Ecléctica a xerarquía ten un papel menos importante.
 
Cómpre distinguir o concepto de "wiccano ecléctico" (persoa que non se adscribe a ningunha tradición concreta da wicca) que non se debe confundir co concepto de "wiccano solitario" (persoas que practican e estudan pola súa conta).