Dreamcast: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
cana
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 16:
A máquina era capaz de debuxar uns 7 millóns de polígonos por segundo, pero a cantidade de memoria de vídeo dispoñíbel onde almacenar a xeometría dos xogos (modelos 3D etc.) foi un factor que limitou nun principio a potencia do PowerVR2DC a 3 millóns de polígonos, conseguíndose chegar a 12 millóns somentes nalgúns títulos ([[Shenmue]] 2...).
 
== Historia e características ==
A Dreamcast foi lanzada o 27 de [[novembro]] de [[1998]] en [[Xapón]], o 9 de [[setembro]] de [[1999]] nos [[Estados Unidos]] e o 14 de [[outubro]] dese mesmo ano en Europa, moito antes que outras máquinas da súa xeración saísen ao mercado. Foi a primeira consola que ofreceu conexión a [[internet]], tanto para xogos coma navegación por páxinas [[web]]. A Dreamcast disfrutou de boas vendas inicialmente e foi unha das máquinas máis acertadas de Sega. Foi un intento de reconquistar o mercado das consolas cun sistema de vindeira xeración deseñado para substituír á [[PlayStation]] de [[Sony]] e á [[Nintendo 64]] de [[Nintendo]], pero principalmente por culpa da desconfianza (anteriormente algunhas consolas e accesorios de Sega foron pouco acertados, coma o [[Sega Genesis 32X|32X]] e o [[Sega CD]]) e a proximidade dunha saturación do mercado pola aparición de [[Nintendo]] [[GameCube]], [[Sony]] [[PlayStation 2]], e da [[Microsoft]] [[Xbox]] SEGA deuse conta que o negocio estaba nos xogos e non nas consolas.