Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
cana
Liña 34:
Dublín toma o seu nome do [[gaélico]] ''Dubh linn'', que significa "estanque escuro"<ref>Charnock (1859) p. 90</ref>, en referencia ao punto onde o río [[Liffey]] se xunta co río Poddle no estancamento deste último no actual [[Wellington Quay]]. O estanque mantívose ata principios de [[1700]], mais a expansión da cidade tivo como consecuencia a súa drenaxe, e a canalización e soterramento do río Liffey, na actualidade o lugar do antigo estanque está ocupado polos [[Dubh Linn Gardens]], tralo [[Castelo de Dublín]], mentres que o curso baixo do Poddle discorre ata o río Liffey por unha canalización subterránea. Historicamente, na [[caligrafía irlandesa]], ''bh'' escribíase cun punto sobre o ''b'', como ''Duḃ Linn'' ou ''Duḃlinn'', mais os [[normandos]] de fala [[lingua francesa|francesa]] omitiron o ''punto'' e deletrearon o nome como ''Develyn'' ou Dublín.
 
O seu nome en irlandés é Baile Átha Cliath, que significa "poboación do vao de canizo" e que ten a súa orixe nun antigo [[Vao (pasaxe)|vao]] composto con paneis de cañacana e vimbio entrelazados (''Áth Cliath'') que cruzaba o río Liffey nun lugar próximo á actual [[Estación de Heuston|estación de ferrocarrís de Heuston]]. A voz irlandesa ''cliath'' tradúcese con frecuencia como "valo". Porén, a tradución como "canizo" é máis axeitada: "cliath" ou "hurdle" é, en efecto, unha estrutura lixeira e movible de material vexetal entrelazado que se emprega con frecuencia para separar o gando, mais tamén para asegurar o terreo inestable ou esvaradío.<ref>[http://www.ceantar.org/Dicts/MB2/mb09.html MacBains, An Etymological Dictionary of the Gaelic Language]</ref><ref>MA New Scottish Gaelic / English Bidirectional Dictionary Incorporating Dwelly [http://www.ceantar.org/Dicts/MB2/index.html]</ref><ref>[http://www.iall.org/iall2000/dublin_guide.html Dublin (Baile Átha Cliath): A Brief Guide]</ref><ref>[http://www.1911encyclopedia.org/Hurdle Enciclopaedia Britannica 1911: Hurdle]</ref> O nome da cidade foi escrito deste xeito dende [[1368]], data na que foi documentado nos [[Anais do Ulster]].<ref>Clarke (1990) citando a John Ryan e o seu libro ''Pre-Norman Dublin'' de 1949, p. 64.</ref> ''Áth Cliath'' é o nome dun lugar que se refire a un punto de vao do río Liffey nas inmediacións da estación de Heuston, posteriormente aplicouse o nome a un [[mosteiro]] cristián que se cre estivo situado na zona da rúa Aungier, actualmente ocupado pola igrexa carmelita da rúa Whitefriar. Debido á súa lonxitude, o nome irlandés de Dublín adoita abreviarse como BÁC.
 
== Historia ==