Escurecemento global: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 29:
Pero outro estudo viría a avalar dita hipótese por unha vía totalmente distinta. Trátase do '''índice de evaporación en tanque'''. Durante moito tempo tanto agricultores como meteorólogos en moitas partes do mundo veñen realizando anotacións da cantidade de auga evaporada cada día. O nome deste indicador vén do feito de que cada día se mide canta auga se evaporou dun determinado tanque que se enche ata a mesma marca para volver a deixalo exposto un día máis. Os resultados viñan sendo contradictorios co quentamento global existente e pasaron desapercibidos ata que deron con eles os estudosos do novo fenómeno do escurecemento. O feito era que o índice de evaporación en tanque diminuía. É dicir que cada vez se evaporaba menos auga. Isto contradicíase, aparentemente, co feito de que cada vez había máis calor. Pero facendo os pertinentes cálculos físicos pódese comprobar que o elemento que máis contribúe á [[evaporación]] non é nin a [[temperatura]] nin a [[humidade]] senón a irradiación solar. Porque son os [[fotón]]s ó impactar sobre a superficie da auga os que aportan a enerxía suficiente para que estes se desprendan do resto de [[molécula]]s ás que se encontran adheridos polas [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]]. Así pois, a única conclusión posible a ditas medicións era que, cada vez, nos chegaba menos radiación do [[Sol]].
 
Algúns climatólogos propuxeron tamén a teoría de que as [[estela]]s de condensación das aeronaves están implicadas no escurecemento global, pero o fluxo constante de tráfico aéreo impedía que se puidesen efectuar probas. A restrición practicamente total do tráfico aéreo civil durante os tres días que seguiron ós [[ataques do 11 de setembro de 2001]] proporcionaron unha extraordinaria oportunidade para observar o clima dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] sen a presenza do efecto das estelas de condensación. Durante este período observouse un incremento na oscilación térmica diaria de máis de 1̊C, é dicir, as estelas das aeronaves contribúen a diminuír as temperaturas diurnasdiúrnas e a elevar as nocturnas en moito máis do que previamente se cría. O efecto neto que ten isto sobre a temperatura na Terra está aínda en discusión e non resulta tan doado de calcular posto que só se dispón de tres días de datos nesas peculiares condicións.
 
=== Recente inversión do fenómeno ===