Teatro romano: Diferenzas entre revisións

Pequenos arranxos
(arranxiño de redacción, quito ligazóns a es.wiki, arranxos ortográficos, arranxos nas ligazóns externas)
(Pequenos arranxos)
 
== Estrutura ==
[[Ficheiro:Roman_theatre_Bosra_edited.jpg|miniatura|300x300px|Vista do [[Auditorio|auditorium]]: ''1'') ''[[Scaenae frons]]'' 2) Porticus post scaenam 3) Pulpitum 4) ''[[Proscaenium]]'' 5) Orchestra 6) ''[[Cávea|Cavea]]'' 7) Aditus maximus 8) ''[[Vomitorio|Vomitorium]]'' , [[Teatro romano de Bosra]], Siria.]]
[[Ficheiro:Pompdraw.gif|miniatura|300x300px| Recreación artística do interior do [[Teatro de Pompeio]] de Roma mostrando o [[templo de Venus Victrix]] (arriba á dereita).]]
As características principais do teatro romano derivaron nun principio das do [[teatro grego]], xa que moitas das características xerais da arquitectura romana derivan directamente da arquitectura do [[período helenístico]].
Co devalo do tempo, os teatros romanos desenvolveron características específicas. A maior parte dos teatros romanos conservados seguen o modelo arquitectónico proposto por [[Marco Vitruvio|Vitruvio]], constando de:
 
- '''''Scaenae frons:''''' (fronte escénica), normalmente composta dunha dobre orde de columnas.
 
- '''''Orchestra:''''': semicírculo ou un pouco máis dun semicírculo fronte á escena no que sentaban as autoridades, actuaba o coro e se alzaba un altar en honra a [[Dioniso]].
 
- '''''Aditus''''': Corredores laterais de entrada á ''orchestra''.
 
- '''''Cavea''''' (ou cávea, en galego): Estrutura semicircular na que, segundo o rango social, se situaban os espectadores. Dividíase en ''ima cavea'', ''media cavea'' e ''summa cavea'', divididas por corredores horizontais ([[diazomata]]s).
 
- '''''Vomitoria''''': Entradas abovedadas polas que se accedía á ''cavea''.
- '''''Porticus post scaenam''''' (Pórtico detrás da escena): Patio porticado con columnas detrás da escena.
 
Algúns teatros apoiaban a ''cavea''cávea sobre galerías abovedadas, mentres que noutros, os arquitectos aproveitaban a ladeira dalgún outeiro para escavar sobre ela a ''cavea'' do teatro, como sucedía no de Mérida.
 
O teatro podería cubrirse con toldos para protexer os espectadores da choiva ou da luz do sol.
41.734

edicións