Gasterópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 148:
* A maioría dos gasterópodos son '''[[herbívoro]]s''', alimentándose de [[alga]]s ([[diatomeas]] etc) que raspan coa rádula das superficies duras (exemplo: xénero ''Haliotis'').
* Algúns destes animais son '''preeiros''' (exemplo: xénero ''Buccinum'' ou ''Nassarius'') xa que viven da [[carne]] morta e en descomposición.
* Outros son '''carnívoros''' (exemplo:xénero ''Melongena'') e aliméntanse de [[bivalvo]]s, outros gasterópodos e incluso poden ter hábitos caníbaiscaníbales. ''Urosalpinx cinerea'' é un perforador das [[cuncha]]s das [[ostra]]s utilizando os dentes da rádula. Os membros do xénero ''Conus'' aliméntanse de [[peixe]]s, [[verme]]s e [[molusco]]s grazas a un dente radular cargado de [[veleno]] altamente tóxico (''[[conotoxina]]'') que dispara como se fora un arpón e que pode, nalgúns casos, producir a morte dun [[ser humano]].
* Algúns gasterópodos aliméntanse de depósitos orgánicos na [[area]] ou barro. Outros recollen o mesmo tipo de desfeitos orgánicos, pero só poden dixerir os [[microorganismo]]s que conteñen.
* Aínda que excepcionais tamén hai gasterópodos '''[[parasito]]s''', tanto externos (''ectoparasitos'') como internos (''endoparasitos'') que levan consigo unha regresión de moitos órganos como a rádula . Así temos por exemplo o xénero ''Megademus'' que viven parasitas na árbore respiratorio das [[holoturia]]s ou ''Gasterosiphon deimatis'' que é un endoparasito que ten unha longa probóscide pola que succiona sangue do hóspede <ref>http://www.uniovi.es/bos/Asignaturas/Parasit/Tema15.htm</ref>.