Wallace Fard Muhammad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Nación do Islam: Arranxos varios, replaced: musulmana → musulmá
Liña 2:
 
==Nación do Islam==
Se as teorías que identifican a Fard Muhammad con Wallace Dodd Ford son certas, estaría envolto en distintas organizacións musulmanasmusulmás da cidade de [[Chicago]] nos anos 20, así como relacionado con algunhas mortes e outros sucesos relacionados con elas, sen que chegase a ser acusado por ningún deles.
No ano [[1929]] funda a organización [[Nación do Islam]] en [[Detroit]], [[Michigan]], e comeza a predicar entre a comunidade afroestadounidense. En novembro de [[1932]] é investigado por unha morte ritual acontecida no interior da organzación. Aínda que non chega a ser acusado de nada, pídeselle formalmente que abandone a cidade en [[1933]], cousa que fai para regresar encubertamente ao ano seguinte. É descuberto e impelido de novo a marchar. Antes de facelo delega o liderato da organización en [[Elijah Muhammad]], que comeza a predicar que Fard Muhammad é o [[Mahdi]], unha figura dalgunhas tradicións islámicas que se considera a reencarnación de [[Alá]]. Fard Muhammad desaparece o ano [[1934]]. Os seus seguidores creron que fora asasinado pola policía, até que [[Nación do Islam]] aceptou a visión oficial de que regresara á [[Meca]]. Moitos dos que cren que [[Elijah Muhammad]] ordenou o asasinato de [[Malcom X]] cren tamén que é o responsábel da desaparición e morte de Fard Muhammad. Outras teorías sitúano ao fronte dunha mesquita de Oakland, ou ben defenden que volveu a [[Nova Zelandia]].