Diferenzas entre revisións de «Estrela de David»

m
Arranxos varios
(agora faise en d:Wikidata)
m (Arranxos varios)
De acordo coa tradición xudía, este símbolo era deseñado ou encravado sobre os escudos dos guerreiros do exército do [[rei David]]. Esta tradición ten orixe no escritura do nome hebraico de David, composto por tres letras do [[alfabeto hebreo]]: Dalet, Vav e Dalet. Estes dúas letras Dalet tiñan forma triangular no alfabeto hebraico usado até entón, unha variación do alfabeto [[fenicio]], coñecido como [[lingua hebrea|proto-hebraico]]. Estas dúas letras entón eran encravadas nos escudos dos soldados unha sobreposta a outra, formando unha especie de estrela. A pesar de ser unha explicación plausible, carece de probas históricas ou arqueolóxicas para probala. A forma actual do Escudo de David xa aparecía en diversas culturas do [[extremo oriente]] hai miles de anos, e só nos últimos séculos mudou nun símbolo puramente xudaico.
Este símbolo aparecía xa ligado aos xudeus na [[Idade do Bronce]], no [[século -IV|século IV a.C.]], nun selo xudaico achado na cidade de [[Sidón]]. Tamén aparece en moitas [[sinagoga]]s antigas na terra de [[Israel]] datadas da época do [[Templo de Xerusalén|Segundo Templo]] e até mesmo nalgunhas despois da súa destrución polos [[Roma Antiga|romanos]]. Non lle era dado, polo menos aparentemente, un significado especial ou místico, senón máis ben ornamental, así como moitas Estrelas de David foron achadas ao lado de Escudos de [[Salomón]] (estrelas de cinco puntas ou pentagramas) e, curiosamente, ao lado de [[esvástica]]s. Un exemplo é o friso da sinagoga de [[Cafarnaún]] ([[século II]] ou [[século III|III]] da era cristiá) e unha lápida (ano [[300]] da era cristiá) atopada no sur de [[Italia]]. A pesar diso, a Estrela de David non aparece entre os símbolos xudaicos máis importantes do [[período helenístico]].
 
 
O testemuño máis antigo deste emblema na literatura xudaica é p amosado no libro do sabio caraíta [[Yehudah ben Eliahu Hadasi]], do [[século XII]], no seu libro ''Eshkol Hakofer''. No capítulo 242, fala de costumes de persoas do pobo que, aos poucos, foron convertendo o símbolo do Escudo de David dun simple selo a un tipo de signo místico ou amuleto: ''"e os sete anxos na [[Mezuzá]] foron escritos - Miguel e Gabriel [...] o Eterno irá gardarche e este símbolo chamado Escudo de David é escrito en tódolos anxos e no final da Mezuzá..."''. Así, xa naquela época, este símbolo tiña un carácter místico, sendo frecuentemente gravado como unha forma de amuleto protector.
 
A identificación efectiva da Estrela de David co [[xudaísmo]] comezou na [[Idade Media]]. En [[1354]], o rei [[Carlos IV, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos IV]] (Karl IV) concedeu o privilexio á [[Josefov|comunidade xudaica de Praga]] de ter súa propia bandeira. Os xudeus confeccionaron nun fondo vermello, un hexagrama ou a Estrela de David, en ouro. Documentos refírense a este símbolo como a "bandeira do rei David". En Praga, a estrela de seis puntas, sempre chamada de ''Maguen David'', pasou a ser usada tanto en sinagogas, como no selo oficial da comunidade e en libros impresos. No [[século XIX]], difundiuse o símbolo da Estrela de David tamén sobre as cortinas das Arcas Santas das sinagogas.
 
Xunto con parte dos xudeus devotos, expandiuse a alegación de que a orixe do símbolo da Estrela de David estaba directamente ligada ás flores que adornaban a [[Menorá]], candelabro de sete brazos que formaba parte dos obxectos do [[Templo de Xerusalén]], feitas nunha relevo de lirios de seis pétalos, que facían unha silueta semellante á forma da Estrela de David. Entre os que cren nesta suposta orixe do famoso símbolo, hai unha interpretación de que a Estrela de David foi feita directamente polas mans do propio Deus de [[Israel]].
Durante a [[Alemaña nazi]], os xudeus prisioneiros nos [[campo de concentración|campos de concentración]] posuían a "estrela dos xudeus" cosida na súa camisa. Dentro da ''estrela de David'', ficaba escrita a palabra "Jude", que en [[lingua alemá|alemán]] significa "xudeu". O símbolo era usado para facilitar a súa identificación.
 
Despois do establecemento do [[Israel|Estado de Israel]], cando non foi acepta a proposta de Herzl dunha bandeira con sete estrelas e outra idea con sete Escudos de David, o Consello do Estado Provisional aceptou a decisión do comité dunha outra proposta dun símbolo e dunha [[Bandeira de Israel|bandeira]], confirmados en [[28 de outubro]] de [[1948]]. E así mudou a estrela de David dun simple símbolo xudeu ornamental a nivel de símbolo supremo do recentemente estabelecido Estado xudeu, sendo parte central da bandeira da nación, tendo por cima e por baixo dela dúas faixas azul celestes. Porén, os cidadáns árabes do novo Estado argumentaron que non se identificaban cunha bandeira que era composta unicamente por símbolos xudaicos. Os participantes do grupo [[Naturê Karta]] tamén pararon de usar a Estrela de David despois deste evento, argumentando que este era un símbolo que representaba un Estado [[sionismo|sionista]].
 
De maneira semellante a como son representadas organizacións como a [[Cruz Vermella]] e a [[Media Lúa Vermella]], usando símbolos de destaque de súas relixións, a organización israelita de axuda humanitaria e médica, denominada Escudo de David Vermello (en hebreo ''Maguen David Adom''), é representada, como o propio nome xa di, por unha estrela de David vermella como símbolo oficial. Esta organización de socorro médico, porén, non alcanzou aínda un recoñecemento oficial internacional como as súas correspondentes nos países de tradución [[cristianismo|cristiá]] ou [[Islam|musulmá]].
393.002

edicións