Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
}}
Os '''lirios''' son un grupo de plantas pertences ao [[xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Iris'''''. Son [[plantas bulbosas]] da familia ''[[Iridaceae]]'' con vistosas flores, cuxo nome deriva do [[latín]] ''arco iris'' ([[arco da vella]]), referíndose á extensa variedade de cores florais que posúen as súas moitas especies e cultivares de xardín.
As especies están amplamente distribuídas por todas as rexións temperadas do hemisferio norte. Os seus hábitats son moi diversos, abarcando dende as rexións frías en abas herbosas, devesas, ribeiras até desertos de Europa, Medio Oriente e África do Norte e por toda América do Norte.
 
En Galiza atopamos varias especies bravas, entre as que salienta o [[lirio amarelo]] das charcas (''Iris pseudacorus''). Os lirios tamén cons cultivados coma [[Planta ornamental|plantas ornamentais]] de todo o país, pola súa flor: o '''lis'''. Cómpre salientar unha especie [[Endemismo|endémica]] de Galiza: o [[lirio de monte]] ou lirio do Xurés (''Iris boissieri''), que só medra na serra do Xurés, O Courel e o Monte Pindo.
A variedade de xardín máis común é o ''[[Iris germanica]]''. As diferentes formas bravas e híbridos naturais de ''Iris pallida'' e ''Iris variegata'' forman o piar da meirande parte dos híbridos barbados modernos. Os lirios medianos (intermedios, miniatura altos etc.) derivan de cruzamentos entre as variedades altas e ananas. Outros tipos de lirios comúns de xardín son ''I. siberica'' e os seus híbridos (lirios siberianos) e ''I ensata'' e os seus híbridos (lirios xaponeses).
 
A variedade de lirio barbado é tamén a máis doada de cultivar e de propagar, crecendo en calquera zona de xardín con bo solo. Soamente as variedades máis pequenas e delicadas necesitarán a axuda de fertilizantes, e solos máis ricos, por exemplo de [[turba]]s ou [[arxila]]s, para os manter con boa aparencia. Os que florean máis cedo son as variedades ananas de ''Iris pumilla'', que o fan durante marzo, abril e maio. Durante este último mes e todo xuño florean a maioría dos "barbados altos", tales como ''I. germanica'', ''I. florentina'', ''I. pallida'', ''I. variegata'', ''I. amoena'', ''I.flavescens'', ''I. sambucina'', ''I. neglecta'', ''I. ruthenica'' e os seus híbridos. ''I. unguicularis'' é unha destacábel especie de inverno, procedente de Alxeria con flores azul ceo manchadas de amarelo que se dan (no hemisferio norte) a intervalos regulares desde novembro até marzo.
 
Moitas especies pequenas bulbosas poden podrecer con exceso de auga, polo que o solo debe ter unha boa drenaxe, ademais de que deberían estar plantados en zonas sollosas. As especeis de inverno (''I. milifolia'', ''I. junonia'', ''I. danfordiae'', ''I. reichenbachii'' e algunhas outras que florean en febreiro e marzo) cómpre abeiralas cunha camada duns 15  cm de follas secas, casca de piñeiro ou fibra de coco.
 
== Especies ==
380.827

edicións