Yelü Dashi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Reflist
m Arranxos varios
Liña 2:
 
== Primeiros anos ==
Yelü Dashi era membro da familia real Khitan, descendente de oitava xeración de Abaoji, o fundador da dinastía Liao que gobernou áreas de Mongolia Interior, Mongolia Exterior e [[Manchuria]] desde o século X.<ref>''The New Encyclopaedia Britannica'', Vol.10, (1974), 809.</ref> Quizais nacera en 1087. O ''Liao Shi'' (''Historia de Liao'') descríbeo como "douto en textos Khitan e chineses, sobresaínte en montar e no uso do arco, e que pasara o máis alto exame imperial no quinto ano da era Tianqing" (1115 d. C.).<ref>[http://zh.wikisource.org/wiki/%E9%81%BC%E5%8F%B2/%E5%8D%B730 遼史] ''Liao Shi'', volume 30, biography of Yelü Dashi. </ref> Ocupou varios cargos na administración Liao, e ascendeu até converterse en comandante militar.<ref name="biran"><cite class="citation book" contenteditable="false">Biran, Michal. (2005). </cite></ref>
 
== Invasión jurchen e fin da dinastía Liao ==
Os jurchen, un pobo tungus nativo de Manchuria, estabeleceu a dinastía Jin en 1115 e comezou a dominar [[Manchuria|Manchuria.]]. Os jurchen formaron unha alianza coa dinastía chinesa Song para atacar os Liao, e por 1122 os jurchen capturaron gran parte grande de Liao, incluíndo a súa capital suprema. O emperador Liao Tianzuo fuxiu á rexión occidental, e o seu tío o príncipe Yelü Chun entón formou o Liao Setentrional, de curta vida, na súa capital do sur Nanjing (hoxe [[Pequín|Beijing]]). As forzas Song baixo as ordes de Tong Guan atacaron o Liao Setentrional desde o sur, mais baixo as ordes de Dashi e Xiao Gan, o exército khitan logrou repeler os ataques dos Song. Con todo, os jurchen continuaron a avanzar desde o norte, e finalmente capturaron a capital do sur en 1123. Xusto antes de que os jurchen tomasen o control, Dashi escorregouse con 7000 das súas tropas para unirse ao emperador Tianzuo.<ref><cite classname="citation bookbiran" contenteditable="false">Biran, Michal. (2005). </cite></ref>
 
Dashi máis tarde foi capturado polos jurchen, mais fuxiu cinco meses despois para reunirse co emperador. Porén, o emperador sinalou que a idea de Dashi sobre atacar os jurchen sería unha loucura mentres os jurchen se acharen nunha posición forte. Incapaz de convencer o emperador, en 1124 Dashi liderou unha banda de seguidores khitan e foise a Kedun, unha praza forte Liao no noroeste. O emperador Tianzuo foi capturado polos jurchen en 1125 e a dinastía Liao acabou.
Liña 12:
Segundo fontes chinesas, comezou con 10000 cabalos, unha forza pequena, supondo polo menos dous cabalos para cada home.<ref name="khitay"><cite class="citation" id="CITEREFSinor1998" contenteditable="false">Sinor, D. (1998), "Chapter 11 - The Kitan and the Kara Kitay", in Asimov, M.S.; Bosworth, C.E., ''History of Civilisations of Central Asia'', 4 part I, UNESCO Publishing, [[ISBN]]&nbsp;92-3-103467-7</cite><cite class="citation" id="CITEREFSinor1998" contenteditable="false"></cite><span class="Z3988" title="ctx_ver=Z39.88-2004&rfr_id=info%3Asid%2Fen.wikipedia.org%3AYel%C3%BC+Dashi&rft.atitle=Chapter+11+-+The+Kitan+and+the+Kara+Kitay&rft.aufirst=D.&rft.aulast=Sinor&rft.btitle=History+of+Civilisations+of+Central+Asia&rft.date=1998&rft.genre=bookitem&rft.isbn=92-3-103467-7&rft.pub=UNESCO+Publishing&rft_val_fmt=info%3Aofi%2Ffmt%3Akev%3Amtx%3Abook" contenteditable="false">&nbsp;</span></ref> En Kedun, Dashi tomou control do rabaño de cabalos imperiais, ordenou as súas forzas, recrutou guerreiros doutras tribos e xurou restaurar a dinastía Liao. Tivo por entón 10000 xinetes, con todo, os jurchen volvéranse demasiado fortes e. en 1130, Dashi decidiu ir para o oeste e estabeleceu unha base alí. Uníronse a el homes doutras tribos, e o gobernante Uyghur do Reino de Qocho prometeu unha alianza.
 
En 1131 ou 1132, os seguidores de Yelü Dashi nomeárono Gürkhan (khan universal).<ref>Biran, Michal, ''The Empire of the Qara Khitai in Eurasian history'', (Cambridge University Press, 2005), 38.</ref> El avanzou fortalecendo o seu poder, expandindo gradualmente a súa autoridade sobre os karluk de Qayaliq e Almaliq. Avanzou tamén sobre territorio kirghiz e construíu unha cidade na beira do río Emil, preto de Chuguchak.<ref name="ReferenceA"><cite class="citation book" contenteditable="false">Ata-Malik Juvayni. </cite></ref><ref>Grousset, page 168</ref>
 
=== Derrota dos kara-khánidas ===
Unha á do exército de Dashi fixo unha tentativa temperá de capturar a cidade [[karakhánida]] oriental de Kashgar en 1128, mais foi repelida polo gobernante karakhánida de alí, Ahmad b. Hasan. Porén, o gobernante karakhánida de Balasaghun, Ibrāhīm II b. Ahmad, complicado por un exército nómade formado por homes das tribos karluk e qanqli, pediu axuda a Dashi e convidou o seu exército á capital. Mais Dashi aproveitou para apoderarse da cidade e, segundo o historiador persa Ata-Malik Juvayni, "ascendeu a un trono que non lle custou nada.".<ref><cite classname="citation bookReferenceA" contenteditable="false">Ata-Malik Juvayni. </cite></ref> Dashi integrou 16000 antigos mercenarios khitan en Balasaghun, entón estabeleceu a súa autoridade sobre Kashgar, Khotan, o Kirghiz, e o centro Uyghur de Beshbalik. Con todo, en 1134 fallou unha tentativa de reestabelecer o dinastía Liao a dinastía en China
 
Dashi continuou a avanzar para o oeste, a Ferghana, territorio do estado karakhánida occidental. En 1137, en Khujand, derrotou o gobernate karakhánida Mahmud II que retrocedeu até [[Samarcanda]].