Borja, Zaragoza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Zaragoza» pola categoría «Concellos da provincia de Zaragoza».
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Borja_-_Ayuntamiento.JPG|miniatura|Pazo do Concello de Borja.]]
 
'''Borja''' é unha cidade e un concello español da comarca do [[Campo de Borja]], localizado no oeste da [[provincia de Zaragoza]], na comunidade autónoma de [[Aragón]]. Está localizada a uns 62  km da cidade de [[Zaragoza]]. O concello esténdese por unha área de 154 km2, e tiña en [[2008]] unha poboación de 4.868 habitantes.
 
Do seu patrimonio histórico destacan os edificios do Pazo do Concello, a Igrexa de Santa María, a de San Miguel e mais o convento da Concepción.
 
== Historia ==
As orixes da cidade remóntanse ao [[século -V|século V a.C.]] cando era habitada polos [[celtiberos]]. O nome prerromano da localidade era [[Bursau]], cuxos restos fican no actual castelo. Logo da conquista romana, no século I a.C. constituíuse como unha importante zona de poboamento, acadando o seu máximo esplendor coa chegada dos musulmáns.
 
No século XII foi reconquistada polo rei aragonés e no século XV transformouse nunha fortaleza militar contra as invasións castelás, o cal lle valeu o título cidade, outorgado por [[Afonso V de Aragón|Afonso o Magnánimo]] en 1438. Durante o reinado dos [[Reis Católicos]] foi expulsada a importante comunidade xudía que vivía nesta cidade. Os séculos XV e XVI foron tempos de gran auxe económico para a localidade. En troques, os séculos XVII e XVIII foron períodos de recesión, enfermidades e secas. Durante o século XIX a cidade comezou a se recuperar economicamente mercé a liña férrea Borja-[[Cortes de Navarra]].
 
Durante o século XX a actividade agraria, sobre a que se baseaba a economía de Borja, foi perdendo peso específico, mais Borja non deu adquirido relevancia industrial, o que derivou nun declive da cidade, de xeito que parte da súa poboación tivo que emigrar cara a centros industriais.
 
[[Ficheiro:Plazaborja.jpg||miniatura|Praza do Mercado.]]