Escola de Tradutores de Toledo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:KathedraleToledo.jpg|miniatura|180px|[[Catedral de Toledo]], en cuxas dependencias se albergaba a ''Escola de tradutores'' no [[século XII]].]]
 
A denominación '''Escola de tradutores de Toledo''' emprégase para designar na [[historiografía]], desde o [[século XIX]], os distintos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos [[lingua grega|greco]]-[[lingua latina|latino]]s [[Período helenístico|alexandrinos]], que foran vertidos ao [[Lingua árabe|árabe]] ou ao [[lingua hebrea|hebreo]], á [[lingua latina]], servíndose do romance [[lingua española|castelán]] como lingua intermedia.
 
A conquista en [[1085]] de [[Toledo]] e a tolerancia que os reis casteláns cristiáns ditaron con [[islam|mahometanos]] e [[xudeu]]s facilitaron este comercio cultural que permitiu o renacemento [[filosofía|filosófico]], [[teoloxía|teolóxico]] e [[ciencia|científico]], primeiro, de [[España]], e logo de todo o [[occidente|occidente cristián]].
Liña 7:
== Historia e características ==
 
A partir de [[1085]], ano en que [[Afonso VI de Castela|Afonso VI]] conquistou Toledo, a cidade constituíuse nun importante centro de intercambio cultural. O [[arcebispo]] [[Raimundo Ximénez de Rada]] quixo aproveitar a conxuntura que facía convivir en harmonía a cristiáns, musulmáns e xudeus auspiciando diferentes proxectos de tradución cultural demandados en realidade por todas as cortes da Europa cristiá.
 
Por outra parte, coa fundación dos ''studii'' de Palencia e de Salamanca por [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]] e [[Afonso IX]], respectivamente, propiciárase xa unha relativa autonomía dos mestres e escolares respecto ás ''scholae'' catedralicias e, en consecuencia, foi establecéndose unha mínima diferenciación profana de coñecementos de tipo preuniversitario, que xa en tempo de [[Fernando III de Castela|Fernando III]] vai acercándose á Corte e espera a protección e apoio decidido dun monarca para se consolidar por enteiro.
 
[[Raimundo de Sauvetat]], coñecido como Raimundo de Toledo, arcebispo desta ciade entre [[1126]] e [[1152]], foi o que lle deu o máis importante impulso á Escola, onde un grupo de traballo que incluía a [[mozárabes]], [[xudeu]]s e profesores da [[madrasa]] toledana e a novos pensadores, fundamentalmente monxes cluniacienses se encargaba do estudo dos libros e a súa tradución. Raimundo mandou reconstruír o [[palacio]] [[diocese|episcopal]] fronte á antiga [[mesquita]] maior, convertida na [[Catedral de Toledo|Catedral de Santa María]], á que deu o seu primeiro estatuto, e deixou unha parte do edificio para a Escola.
 
A riqueza das [[biblioteca]]s toledanas en libros [[lingua árabe|árabes]] e o coñecemento desta lingua por parte dos cristiáns mozárabes impulsárono a recuperar textos perdidos da [[Antigüidade clásica]] e a fomentar a transmisión dos importantes avances da Escola Toledana en [[medicina]], [[álxebra]] e [[astronomía]]; este empeño cristalizou na tradución de numerosas obras do árabe ao [[lingua castelá|castelán]], e do castelán ao [[latín]] (ou directamente do árabe ou do [[lingua grega|grego]] ao latín) e, pouco a pouco, deu a coñecer tamén a importante [[filosofía|filosofía árabe]] e [[hebreo|hebrea]] de orientación [[Aristóteles|aristotélica]], o que supuxo unha renovación radical da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] europea.
 
No [[século XII]] a Escola de tradutores de Toledo verteu principalmente textos filosóficos e teolóxicos (Domingo Gundisalvo interpretaba e escribía en latín os comentario de [[Aristóteles]] que o xudeu converso Juan Hispano lle traducía ao castelán, no que se entendían).
 
Na primeira metade do [[século XIII]] esta actividade mantívose. Por exemplo, reinando [[Fernando III de Castela|Fernando III]], [[reino de Castela|rei de Castela]] e de [[Reino de León|León]], compúxose o ''Libro dos Doce Sabios'' ([[1237]]), resumo de sabedoría [[política]] e [[moral]] clásica pasada por mans ''orientais''. Na segunda metade do [[século XIII]] o Sabio rei-emperador [[Afonso X]] (rei de Castela e de León, en cuxa corte se compuxo a primeira ''Crónica Xeral de España'') institucionalizou en certa maneira en Toledo esta Escola de tradutores, centrada sobre todo en verter textos [[Astronomía|astronómicos]] e [[Medicina|médicos]].
Liña 22:
[[Ficheiro:Las Siete Partidas.jpg|miniatura|dereita|200px|Miniatura de ''"Las Siete Partidas"'' que mostra a [[Afonso X o Sabio]] ditando.]]
 
[[Afonso X|Afonso X o Sabio]] impulsou o centro tradutor que existía en Toledo desde a época de Raimundo Ximénez de Rada, que se especializara en obras de astronomía e de leis. Por outra parte, fundou en Sevilla uns ''Studii'' ou Escolas xerais de latín e de arábigo que naceron xa cunha vinculación claramente cortesá. Igualmente, fundou en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemático [[Al-Ricotí]].
 
É así, pois, que non cabe falar dunha Escola de tradutores propiamente dita, e nin sequera exclusivamente en Toledo, senón de varias e en distintos lugares. A tarefa de todas estas escolas foi continua e nutrida polos proxectos de iniciativa rexia que as mantiveron activas polo menos entre 1250 e a morte do monarca en 1284, aínda que a actividade de tradución non se cinxira exclusivamente a esa paréntese.