Chinchilla de Montearagón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 19:
sitio web = [http://www.chinchillademontearagon.com/ www.chinchillademontearagon.com] |
}}
'''Chinchilla de Monte-Aragón''' é un concello [[España|español]] situado na [[provincia de Albacete]], en [[Castela-A Mancha]], na comarca da [[Mancha de Montearagón]] e a 15  km da [[Albacete|capital]] da provincia.
 
En [[2011]] conta con 4.015 habitantes, segundo datos do [[INE]], aínda que segundo datos de consumo de auga estímanse uns 5.000, xa que moitos non están empadroados nesta localidade usada por moitos como "cidade dormitorio" de [[Albacete]]. Comprende as pedanías de Casa Blanca de los Rioteros, Estación de Chinchilla, La Felipa, Horna, Pinilla, Pozo Bueno, Pozo de la Peña e Villar de Chinchilla.
 
== Historia ==
Ao principio do período [[Neolítico]], Chinchilla de Monte-Aragón debeu de ser poboada rapidamente xa que se trataba dunha zona alta nunha chaira empantanada polos ríos que baixan do sur.
 
A tradición, con todo, atribúe a fundación de Chinchilla a [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], sobre o [[Século -VII|século VII antes de Cristo]], que puxo as primeiras pedras sobre o lugar. Resulta do todo incuestionable a súa orixe remota como demostran diversos sitios arqueolóxicos da zona, como os atopados da [[Vía Augusta]] (época romana), que delatan que foi un importante cruzamento de camiños. É, así mesmo, mencionada no [[Itinerario Antonino A-31]].