Xerardo de Cremona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 2:
'''Xerardo de Cremona''' (en [[latín]], ''Gherardo Cremonensis'', en [[lingua italiana|italiano]] ''Gerardo da Cremona''), nado en [[Cremona]], [[Italia]] ca. [[1114]] e falecido posibelmente en [[Toledo]] en [[1187]], foi un dos [[tradutor]]es máis prolíficos da [[Idade Media]], con case cerca de 70 obras traducidas do [[lingua árabe|árabe]] ao [[lingua grega|grego]] e ao [[latín]].
== Traxectoria ==
Pouco se coñece dos detalles da vida de Xerardo, só se pode deducir algo dos traballos que realizou dos lugares nos que estivo. Pouco antes do seu nacemento, a cidade de [[Toledo]] foi tomada en [[1085]] aos [[musulmán]]s polo rei [[Afonso VI de León e Castela|Afonso VI de Castela]] e pronto se convertería na capital de [[coroa de Castela|Castela]].
 
Tras a conquista da cidade, créase unha comunidade que se encarga de realizar traducións do árabe ao latín, comunidade que se coñece como [[Escola de tradutores de Toledo]].
 
Baixo o patrocinio de [[Raimundo de Toledo]] estivo Xerardo traballando en labores de tradución xunto a [[Juan Hispalense|Juan de Sevilla]]. Aínda que é incerta a data exacta da chegada de Xerardo a esta cidade, é moi probábel que fora antes de [[1144]] cando o tradutor tiña a idade de 30 anos.
 
A escola de Toledo, ao igual que o resto doutras que puideron existir, consistía nun conxunto de asesores en [[lingüística]], tradución de idiomas e buscadores de manuscritos árabes.