Mercenario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *Sudáfrica -> Suráfrica
m Arranxos varios
Liña 31:
== Gurkhas e lexionarios da lexión estranxeira francesa ==
 
[[Ficheiro:The Nusseree Battalion.JPG|miniatura|esquerda|200px|'''Batallón ''Nusseree''''', posteriormente denominado ''1<sup>st</sup>1st Gurkha Rifles'', en [[1857]]]]
 
 
As dúas unidades máis coñecidas nas que nacionais doutro país serven nas forzas armadas doutra nación son as [[Gurkha|brigadas británicas de Gurkhas]], e a [[Lexión Estranxeira|Lexión estranxeira francesa]] asi como a [[Lexion española]] ata fai poucos anos. Os soldados que serven nestas unidades de elite non son mercenarios.
Liña 84 ⟶ 83:
:* [[Simon Mann]] estivo envolto coa empresa [[Executive Outcomes Ventures]] en [[Angola]] e [[Serra Leoa]]. En [[2004]] foi declarado culpable de tentativa de compra de armas, presuntamente para dar un golpe de estado en [[Guinea Ecuatorial]].
 
Os mercenarios loitaron para o Biafra na cuarta brigada de comandos durante a guerra civil [[Nixeria|nixeriananixeria]]na ([[1967]]-[[1970]]). Outros mercenarios tiveron como cometido pilotar avións para esta facción. En outubro de [[1966]] por exemplo, un [[DC-4|DC-4M]] «Argonaut» da [[Royal Air Burundi]] pilotado por un mercenario chamado Heinrich Wartski (tamén coñecido coma Henry Wharton), estrelouse en [[Camerún]] con fornecementos militares destinados a [[Biafra]].
 
A mediados dos anos [[1970]], o británico [[John Banks]] recrutou mercenarios para loitar a favor da Fronte Nacional de Liberación de Angola (FNLA) contra o Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA) durante a guerra civil tras conseguir [[Angola]] a independencia de [[Portugal]] en [[1975]]. Ó ser capturado, o seu papel coma líder dos mercenarios fixo que fora condenado a morte por fusilamento. Outros nove mercenarios foron encarcerados, e houbo tres execucións máis: O estadounidense Daniel Gearhart foi sentenciado a morte, ó se publicitar nun periódico dos Estados Unidos coma mercenario; Andrew MCKenzie e Costas Georgiu (autodenominado este «Coronel Callan»), quen serviran no exército británico, foron sentenciados a morte por asasinato.
Liña 116 ⟶ 115:
Durante a época clásica moitos mercenarios gregos loitaron nas guerras para o [[Imperio Persa]], por exemplo:
 
:* [[Xerxes I]], rei da [[Persia]] que invadiu [[Antiga Grecia|Grecia]] en [[-484]] empregou mercenarios gregos. O máis lembrado é [[Demarato]], pola súa advertencia a Xerxes de non subestima-los [[Esparta|espartanosesparta]]nos antes da [[batalla das Termópilas]].
:* En [[Anábase]], [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]] relata como [[Ciro o Novo]] recrutou un grande exército de mercenarios gregos (os «Dez mil») en [[-401]] para arrebata-lo trono de [[Persia]] ó seu irmán, [[Artaxerxes II]]. Malia que este exército obtivo a vitoria na [[batalla de Cunaxa]], Ciro morreu na batalla e toda a expedición atopouse perdida. Illados moi dentro do territorio inimigo, o xeneral espartano [[Clearco]] e moitos dos outros xenerais gregos foron asasinados pouco máis tarde a traizón por orde de [[Artaxerxes II]]. Xenofonte exerceu un papel fundamental ó afouta-lo exército grego dos «Dez mil» para que marcharan cara ó norte cara ó [[Mar Negro]], nunha loita épica durante a súa retirada.
:* [[Memnón de Rodas]] ([[-380]] - [[-333]]) foi o comandante dos mercenarios gregos que loitaban para o rei Persa [[Darío III]] cando [[Alexandre o Grande]] de [[Reino de Macedonia|Macedonia]] invadiu a Persia en [[-334]] e venceu os persas na [[Batalla do Gránico]]. Alexandre empregaba tamén mercenarios gregos durante as súas campañas. Eran estes uns homes que loitaban directamente para el, e non coma o resto das unidades do seu exército que proviñan das cidades-estados gregas.
Liña 156 ⟶ 155:
:* A novela [[Os Gansos Salvaxes]] de [[Daniel Carney]], e a película do mesmo nome de [[1978]]. O argumento xira sobre un sindicato financeiro británico que busca rescatar ó líder deposto dun país centroafricano, contratando unha banda de mercenarios para este traballo.
 
É interesante constatar que ámbolos dous títulos derivan doutras fontes. «Berra ¡Devastación!, e solta os cans da guerra», é unha cita de [[Xulio César (Shakespeare)|Xulio César]], acto III, obra de [[Shakespeare]]. Trala sinatura do [[Tratado de Limerick]] ([[1691]]), os soldados do exército irlandés que deixaron [[Irlanda]] por [[Francia]] tomaron parte no que é coñecido coma o «Voo dos Gansos Salvaxes», tralo cal moitos deles fixeron carreira servindo coma mercenarios para os exércitos do continente. O máis famoso deles foi Patrick Sarsfield, quen sendo mortalmente ferido en terra estranxeira dixo: «Se isto fose por Irlanda...»
 
Existe na actualidade unha revista especializada ostensiblemente escrita para mercenarios, chamada «Soldado de Fortuna». Tamén no filme [[Casabranca (película)|Casabranca]], Rick Blaine é un antigo mercenario, aínda que se deixa intuír que elixe o bando no que loita por motivos ideolóxicos, en lugar de elixi-lo mellor postor.