Diferenzas entre revisións de «Vimara Pérez»

m
Arranxos varios
(→‎Traxectoria: a cidade que fundou foi Guimaráns)
m (Arranxos varios)
'''Vimara Pérez''', '''Vímara Peres''' ou '''Guímara Peres '''(orixinalmente '''Uimara Petri''')''' ''', nado na [[A Coruña|Coruña]] contra o [[820]] e finado en [[Guimarães]] no [[873]], foi un nobre galego, conde da Coruña, e fundador do [[Condado Portucalense|Condado de Portugal]] en 868.
 
== Traxectoria ==
Atribúeselle tamén a fundación dun pequeno burgo fortificado nas proximidades de [[Braga]], ''Vimaranis'', co nome derivado do seu propio nome e que, co correr do tempo, por evolución fonética, transformouse no moderno [[Guimarães]].
 
Os [[reino de Asturias|reis de Oviedo]] dirixiran a reorganización do territorio da antiga [[Imperio romano|provincia romana]] de [[Gallaecia]] no [[Comarca do Baixo Miño|Baixo Miño]] e no [[Bierzo]], pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaecendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear.
 
Amparándose nunha teórica autorización do rei [[Afonso III o Magno]], fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala.
 
Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o repartimento de terras, restaurou as institucións da [[Igrexa Católica|Igrexa]] e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe.
 
Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego [[Hermenexildo Guterrez|Hermexildo Guterrez]]. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron os seu poder na [[terra de Amaía]], e amplas zonas lucenses. Os monarcas do [[Reino de Galicia]] e de [[Reino de León|León]] cada vez serán máis dependentes deles.
* [[Condado Portucalense]]
 
{{ORDENAR:Pérez}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Pérez}}
[[Categoría:Aristócratas galegos do século IX]]
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia]]
393.002

edicións