Xanízaro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Formación: Arranxos varios
Liña 6:
Os rapaces eran educados na lei islámica e na [[lingua turca]], ao tempo que eran instruídos nas artes militares. Os mozos medraban tendo o propio sultán como unha figura paterna, a quen estarían dispostos a defender até a morte mesmo contra seu propio pobo de orixe. A xustificación para a adopción dun corpo de soldados conversos en lugar de turcos nativos era que estes debían lealdade ao seu pobo e ás súas familias, e poderíanse tornar rebeldes en caso dunha acción do sultán contra outros turcos. Os mozos cristiáns só debían lealdade ao sultán, e loitarían contra calquera inimigo por el.
 
A pesar de que o [[Imperio Otomán]] adoptara oficialmente o islamismo [[sunita]], os xanízaros eran adeptos dunha orde [[dervixe]] chamada [[bektashi]], en alusión ao seu creador, [[Hajji Bektash]]. Reunía elementos musulmáns e cristiáns, permitía o consumo de bebidas alcoólicas e a participación de mulleres sen veos. Cando entraban en servizo, no entanto, eran rigorosamente disciplinados e tiñan prohibido casar. Os xanízaros aínda tiñan o hábito de levar consigo símbolos ou citacións cristiás para a batalla, con consentimento dos seus superiores.
 
Así, tornouse unha práctica común nas campañas emprendidas polos otomans na [[Europa]] capturar mozos nas cidades conquistadas e levalos para os centros de adestramento turcos. Cando non estaban en guerra, os sultáns esixían dos seus estados vasalos cristiáns nos [[Balcáns]] unha remesa de mozos para compor o corpo de xanízaros.