Hulagu Khan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 11:
O califato desapareceu para sempre; e a cidade, completamente devastada, tardou máis de cen anos en recuperarse minimamente. Foi a acción destrutiva máis apocalíptica protagonizada polos mongois.
 
Seguidamente, tomou [[Damasco]] e [[Alepo]]. Estableceu a súa capital en [[Moragha]]. Toda [[Siria]] caeu aos seus pes, pero o avance cara [[Terra santa]] foi detido pola morte de Mongu, que obrigou a unha retirada e o retorno a [[Mongolia]] para a elección do novo Gran Khan. Este sería [[Kublai Khan]], aínda que, en realidade, a unidade mongol desaparecería para sempre. En medio desta crise, o avance cara [[Exipto]] foi rexeitado polos [[mamelucos]] na primeira derrota significativa sufrida por un exército mongol na batalla de [[Ain Jalut]].
 
A división entre os mongois púxose de manifesto cando o irmán de [[Batu Khan]], [[Berke]], convertido ao [[Islamismo|islám]], xurou vingarse da destrución de Bagdad. Hulagu foi severamente derrotado por el en 1263.
 
O novo estado por el fundado, o Ilkhanato, durou ata a súa disgregación en [[1335]]. Sucedeuno o seu fillo [[Abaqa]].