Xericó: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 39:
'''Xericó'''<ref>{{cita libro |título=Diciopedia do século 21 |isbn=9788482893600 |outros=Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición)|ano=2007 |editor=Editorial Galaxia |páxina=2223|volume=3}}</ref> (en {{lang-he|יְרִיחוֹ}} = Yériho {{Audio|He-Jericho.ogg| [jeʁiˈχo]}}; en {{Lang-el|Iεριχώ}}; en {{lang-ar|أريحا}} = Er Riha ou Arīhā {{Audio|ArJericho.ogg| [ʔaˈriːħa]}}) é unha cidade de [[Cisxordania]], situada sobre terras da beira oeste do [[Río Xordán|Xordán]]. É aínda a cidade sita a menor altura do mundo, pois fica nunha depresión a -240 baixo o nivel do mar. A poboación da cidade é de 17.000 habitantes, mais o concello conta na actualidade cuns 25.000 habitantes.
 
O seu nome pode derivar do vocábulo [[Canaan|cananita]] que significa "lúa" e indica que a cidade foi un dos primeiros centros do culto de divindades lunares. A pesar da súa extraordinaria antigüidade, Xericó é mencionado na Biblia por primeira vez no [[Libro dos Números]].
 
Está considerada como unha das máis antigas cidades habitadas do mundo, senón a máis, tendo sacado a luz os arqueólogos os restos de máis de 20 asentamentos sucesivos, que remontan a 9.000 anos a.C.
Liña 45:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Jerycho Gora Kuszenia.jpg|miniatura|esquerda|250px|Xericó, ao fondo, vista desde o Monte da Tentación.]]
Xericó está situada nas terras da [[Depresión do Mar Morto]], a uns 240 metros baixo o nivel do mar, e na chaira do oeste do [[río Xordán]], do cal dista 7 &nbsp;km. O concello ocupa unha superficie de cerca de 45 km2. A zona onde está situada é de moi escasa pluviosidade, polo que depende para as necesidades de auga, de varias fontes, en especial da famosa de 'Ayn es-Sultan, que é a que fornece a subministración máis importante de auga, tanto para irrigación como para beber (o seu caudal é de 680 m3/h)<ref>Páxina web oficial do concello de Xericó</ref>.
 
=== Clima ===
O clima é moi seco, con características de clima [[desértico]]. A temperatura media anual é de 23,5º &nbsp;°C, porén a media de xaneiro é de tan só 8,5º &nbsp;°C, mentres nos meses do [[verán|estío]] pode superar os 30º &nbsp;°C. A pluviosidade media anual é duns escasos 150 &nbsp;mm<ref>Páxina oficial do concello de Xericó</ref>.
 
== Economía ==
Liña 61:
* ''Ayn as-Sultan'' ("a fonte do sultán"), o importante manancial que dá vida á cidade e ás súas hortas,
* [[Ficus sycomorus|Sicómoro]] de [[Zaqueo]], a árbore desde onde Zaqueo albiscou a Xesús, consonte a tradición,
* ''Tell as-Sultan'' ("outeiro do sultán"), a 2 &nbsp;km ao nordeste da cidade, [[sitio arqueolóxico]] cos restos dunha das máis antigas cidades do mundo, predecesora da actual Xericó,
* ''Tulul Abu al-Alayiq'', a km ao oeste da cidade, con restos helenísticos, romanos e islámicos; cómpre destacar o "Palacio Asmodeo", a dinastía á que pertenceu o bíblico Herodes,
 
Liña 70:
* Monte da Tentación (''Jabal Quruntul'') e o mosteiro do lugar (''Dair al-Quruntul''), o lugar onde Xesús se retirou por 40 días antes de comezar a súa misión pública e no transcurso dos cales foi tentado tres veces por [[Satán]],
* Muíños de [[azucre]], sitos entre Tell as-Sultán e o Monte da Tentación,
* ''Na'aran'', a 4 &nbsp;km ao NW, antigo asentamento do período bizantino, que conserva delicados mosaicos dos séculos V e VI da nosa era.
* Palacio de Hixam (''Khirbet al-Mufjar''), a 5 &nbsp;km ao N, antiga residencia de reis da dinastía Omeia, dsede o século VIII,
* ''Maqam an-nabí Musa'' (''Sepulcro do Profeta Moisés''), a 8 &nbsp;km ao SW, o lugar onde, segundo a tradición islámica está enterrado [[Moisés]]; contén un santuario musulmán,
* [[Río Xordán]], a 7 &nbsp;km da cidade en dirección leste,
* [[Mar Morto]], a 10 &nbsp;km ao sur,
* Cavernas de [[Qumram]], a 20 &nbsp;km da cidade cara ao sur. O lugar onde foron descubertos os [[Rolos do Mar Morto]], que conteñen escritos da comunidades dos [[esenios]], contemporáneos de Xesús,
 
Debe tamén terse en conta que Xericó dista tan só 30 &nbsp;km de distancia de [[Xerusalén]] en dirección leste.
 
== Historia ==
Liña 84:
 
=== Historia Antiga ===
Foi unha cidade dos [[Cultura de Canaan|cananeos]] que supostamente foi conquistada por [[Xosuè]] (sucesor de [[Moisés]]), que a destruiu e prohibiu a súa reconstrución. Quiñentos anos máis tarde, sempre segundo os datos da Biblia, en tempos do rei [[Acab]], Hiel de Betel refundouno, desafiando o veto estabelecido. Foi unha escola de profetas. A cidade pertencía á [[tribo de Benxamín]], e limitaba cos territorios da [[tribo de Efraím|Efraím]]. No [[-587|587 a.C.]] o rei [[Sedecías]] foi derrotado polos babilonios na chaira de Xericó; o [[reino de Xudá]] foi anexionado ([[-586|586 a.C.]]) e a poboación deportada para Babilonia. Xericó foi repoboada cando o rei dos persas permitiu que os xudeus retornasen para as súas terras ([[-537|537 aC]]).
 
A cidade foi tomada por [[Alexandre o Grande]] en [[-332|332 a.C.]]. Logo da súa morte pasou a depender dos [[Ptolomeos]] de [[Exipto]], ata que toda a [[Celesíria]] pasou aos [[seléucidas]]. A finais do século [[-II|II a.C.]] caeu en mans dos [[Macabeos]] e, finalmente, en mans de Roma no [[-63|63 a.C.]]. [[Marco Antonio]] cedeu un [[Palmeira (botánica)|palmeiral]] a [[Cleopatra VII|Cleopatra]], e pouco despois do ano [[-40|40 a.C.]], cando [[Herodes o Grande]] foi proclamado rei de [[Xudea]], Xericó ficou incluída no seu reino, pero Herodes reservou as rendas do palmeiral para Cleopatra, aínda que despois as rescatou. Herodes posuíu Xericó até a súa morte, no [[-4|4 a.C.]]. Pasou entón as mans do seu fillo [[Arquelao de Xudea]], que foi deposto o [[6]] d.C., sendo a cidade integrada na provincia romana de [[Xudea (província romana)|Xudea]], formando unha das once toparquías. [[Estrabón]] e [[Plinio o Vello]] mentan as palmeiras e as fontes (entre elas a fonte de Eliseo, hoxe Ayn as-Sultan) e o primeiro tamén un pazo e un xardín de bálsamo. O pazo foi construído por Herodes como a residencia persoal e foi o lugar onde faleceu.
Liña 97:
 
=== Vicisitudes contemporáneas ===
Xericó foi a primeira cidade en pasar aos [[Territorios Palestinos Autónomos]], traspasados á administración da [[Autoridade Palestinina]] a data de [[13 de maio]] de [[1994]], após a sinatura dos primeiros [[Acordos de Oslo]], e a teor dos [[Acordos israelo-palestinos sobre Xericó e Gaza]] no mesmo ano [[1994]].
 
Despois dun período de reocupación israelí durante a [[Segunda Intifada]], Xericó foi devolta á Autoridade palestina o [[16 de marzo]] de [[2005]].