Santarém, Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 6:
Desde 2002 está integrada na rexión estatística (NUTS II) do [[Alentexo]] e na subrexión estatística (NUTS III) da [[Lezíria do Texo]]; até entón formaba parte da antiga rexión de [[Lisboa e Val do Texo]]. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatexo (hoxe porén sen ningún significado político-administrativo), da cal era capital.
 
É tamén sede dun concello con 558,29  km² de superficie e 63.563 habitantes (2001), subdividido en 28 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos concellos de [[Porto de Mós]], [[Alcanena]] e [[Torres Novas]], ao leste pola [[Golegã]] e pola [[Chamusca]], ao sueste por [[Alpiarça]] e [[Almeirim]], ao sur polo [[Cartaxo]], ao suroeste pola [[Azambuja]] e ao oeste por [[Rio Maior]].
 
== Historia ==
Liña 20:
No século XV planificouse no pazo real a conquista de [[Ceuta]], acontecida en [[1415]]. Importantes personalidades da [[Era dos Descubrimentos]] eran naturais de Santarém, como [[Pedro de Meneses]], primeiro gobernador de Ceuta, enterrado na igrexa da Graça. No mesmo templo está sepultado [[Pedro Álvares Cabral]], descubridor do [[Brasil]] en [[1500]].
 
Os séculos seguintes foron de decadencia para Santarém. En [[1755]] o coñecido [[terremoto de Lisboa]], sacudiu fortemente a cidade, que perdeu importantes monumentos. Durante a [[Guerra Peninsular]], as tropas napoleónicas saquearan a cidade.
 
O século XIX foi de repunte para a cidade, que veu construír unha ponte ferroviaria sobre o Texo en [[1861]]. No XX, Santarém continuou a recobrarse, aínda que un tanto de vagar.
 
== Lugares de interese ==