Sancho III o Maior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Sancho III herdou do seu pai o [[Reino de Navarra]] con só 15 anos. Conquistou [[Sobrarbe]] e [[Ribagorza]] entre os anos [[1014]] e [[1018]]. No ano 1016 fixou os límites co condado de Castela. Protector no seu tempo dos [[Cataluña|Condes cataláns]], estendeu a súa influencia alén dos [[Pireneos]], mantendo relacións co ducado de [[Gascuña]]. Ao final da súa vida, no ano 1034 chegou a conquistar [[León, España|León]], [[Astorga]] e [[Zamora]] expulsando ao rei [[Vermudo III]]. Á súa morte os seus dominios repartíronse entre os seus catro fillos.
 
Sancho foi un monarca ilustrado para a súa época, organizou a súa corte a semellanza da francesa e tivo como conselleiro a [[Oliba de Ripoll]] e pola súa mediación establecéronse monxes de [[Cluny|cluniacense]] en [[San Juan de la Peña]]. A Sancho III débeselle o trazado definitivo do [[Camiño de Santiago]], ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os [[Pireneos]] e [[Nájera]] e aproveitar o trazado dunha antiga [[vía romana]] que substituíu o percorrido anterior que ía por [[Áraba]] e como queda dito débeselle a influencia [[Orde de Cluny|cluniaciense]] por todo o camiño.