Ternate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int; retiro cat redundante
m Arranxos varios
Liña 23:
| [[Poboación]] (2009) || 60.000 hab.
|-
| [[Superficie]] || 76  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:ID Ternate.PNG|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
:''Este artigo é sobre a illa e cidade en Indonesia. Ver [[Ternate, Cavite|Ternate]], nas [[Filipinas]].''
'''Ternate''' é unha illa e cidade na provincia de [[Molucas do Norte]], nas Illas [[Molucas]], ao leste de [[Indonesia]]. A illa está localizada na costa occidental da illa de [[Halmahera]]. Ternate é a cidade máis grande da provincia.
 
== Historia ==
Ata a colonización [[Países Baixos|neerlandesa]] do século XIX, os sultáns de Ternate mandaban un imperio que se estendía desde as [[Célebes]] ("Sulawesi") a [[Illa de Nova Guinea|Papúa]]. O principal competidor era o próximo sultanato de [[Tidore]].
 
Os primeiros europeos en chegar a Ternate foron os que formaban parte da expedición [[Portugal|portuguesa]] de [[Francisco Serrão]] na que tamén viaxaba [[Fernão de Magalhães]] que posteriormente intetaría chegar a este mesmo lugar viaxando polo oeste. Esta expedición afundiu preto de [[Ceram]]. O sultán de Ternate, pensando que podería aproveitarse do poderío militar portugués, levou á expedición á súa illa e permitiu aos portugueses construír unha fortaleza ([[1512]]).
 
Cando a expedición española comandada por [[Expedición de García Jofre de Loaisa|García Jofre de Loaisa]] chegou ás Molucas en [[1526]] e creou un forte na próxima illa de [[Tidore]], Portugal atácaa desde o seu en Ternate. En [[1575]] o sultán expulsa aos portugueses do forte.
 
En [[1606]], forzas españolas capturan o forte, deportando ao sultán a [[Manila]]. En [[1607]] os holandeses constrúen outro forte na illa, [[Malaio]]. En [[1663]] os españois son expulsados.
 
En [[1999]] e [[2000]] Ternate sufriu violencia relixiosa entre cristiáns e musulmáns.