Goa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m Arranxos varios
Liña 44:
Despois do [[imperio Maurya]] (321-185 a.C.) Goa foi disputada por varios imperios en batallas sanguentas. Por volta do [[século X]] Goa, entón concentrada en torno do [[río Zuari]], prosperou polo comercio cos [[árabes]]. En [[1347]] caeu baixo dominio [[Islam|islámico]], e moitos templos a [[hinduísmo|deuses hindús]] foron destruídos.
 
En [[1510]] [[Afonso de Albuquerque]], axudado por un xefe hindú, tomou Goa aos [[Arabia|árabes]], que se renderon sen combate, por se atopar o sultán en guerra co [[Decán]]. Goa foi cobizada por ser o mellor porto comercial da rexión. Botáronse aos musulmáns da rexión, e en [[1453]] un quinto da rexión estaba baixo dominio portugués, recibindo o nome de ''Vellas Conquistas''.
 
A decadencia do porto de Goa no [[século XVII]] foi consecuencia das derrotas militares dos portugueses polos [[Países Baixos|neerlandeses]], no oriente, que tornaron o [[Brasil]] o centro económico de Portugal.
 
Houbo dous curtos períodos de dominación británica (1797-1798 e 1802-1813) e poucas outras ameazas externas despois deste período. Durante o dominio británico na India, moitos habitantes de Goa emigraron para [[Mumbai]], [[Calcuta]], [[Puna]], [[Karachi]] e outras cidades. O illamento de Goa diminuíu coas vías férreas a partir de [[1881]], mais a emigración en busca de mellores oportunidades económicas aumentou.
 
En [[1900]] Goa tivo o seu primeiro xornal bilingüe [[lingua guxaratí|guxaratí]]-portugués.
 
Os [[Inglaterra|ingleses]] deixaron a India en [[1947]], os [[Francia|franceses]] deixaron [[Pondicherri]] en [[1954]], mais o goberno de Salazar negouse a negociar coa India. En [[1961]] o exército indiano invadiu Goa, atopando pouca resistencia.
Liña 65:
* [[1974]]: Incorporación recoñecida por [[Portugal]].
 
[[Daman]] e [[Diu]] desde o inicio, e moito máis tarde tamén [[Nagar-Aveli]], estiveron ligados a Goa, baixo o nome de [[India portuguesa|Estado da India Portuguesa]], ligados non só pola administración, con centro en Goa, mais tamén por outros sentimentos, porén separados por cerca de 700 e 1500  km. Logo despois da integración na [[India]] aínda estiveron ligados a Goa, porén, cando esta deveu un Estado dentro da República da India, [[Daman]] e [[Diu]] pasaron a administrarse directamente polo Goberno Central da [[India]], baixo o nome de Territorio da Unión de [[Daman e Diu]] (''Union Territory Of Daman & Diu''). Dadrá e Nagar-Aveli, integrados algúns anos antes na India (1954), forman un territorio á parte.
 
== Véxase tamén ==