Ronda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Ronda panorámica.jpg|500px|miniatura|Panorámica de Ronda]]
'''Ronda''' é unha cidade pertencente á [[comunidade autónoma]] de [[Andalucía]], situada no noroeste da [[provincia de Málaga]] ([[España]]). É a cabeza do [[partido xudicial]] homónimo e a capital da comarca da [[Serranía de Ronda]].
 
No ano [[2008]] contaba con 36.532 habitantes, que a converten no segundo municipio máis poboado do interior da provincia tras [[Antequera]]. O seu [[termo municipal]] esténdese sobre unha meseta coñecida como [[depresión de Ronda]] e polas serras que a circundan. Ten unha superficie de 481  km² e unha [[densidade de poboación]] de 75,95 hab/km².
 
Ronda ten a súa orixe na ''Arunda'' [[Roma Antiga|romana]] que se constituiría a partir de asentamentos [[íbero|ibéricos]] existentes. Os [[visigodos]] déronlle continuidade ata a chegada dos [[Al-Ándalus|musulmáns]], quen consolidaron o seu papel de cabeceira [[comarca]]l non perdida ata a data e a súa entidade urbana. O seu emprazamento facilitou a defensa da cidade e púxoa nunha situación estratéxica para dominar os pasos e camiños cara á [[baixa Andalucía]]. Isto e a dispoñibilidade de terras aptas para a agricultura concedéronlle finalmente unha importancia histórica notable.
 
A cidade aséntase ao redor dunha profunda sima á que asoman algúns edificios do seu [[centro histórico]]. Por esta razón e pola cantidade dos monumentos que posúe, Ronda converteuse nun centro turístico notable. A cornixa da sima e a [[Ponte Nova de Ronda|ponte que a salva]] son a imaxe por antonomasia da cidade.
 
== Galería de imaxes ==