Anatolia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m →‎Hititas: Arranxos varios
Liña 11:
=== Hititas ===
 
A pesar de haber asentamentos humanos permanentes, ningunha tribo da Anatolia formou unha [[civilización]] no sentido estrito do termo. Iso só acontecería a mediados do segundo milenio antes de Cristo, coa chegada dos [[hitita]]s vindos probabelmente da [[Asia Central]]. Fundaron súa capital en [[Hattusa]] e controlaron un imperio que, na súa extensión máxima, englobaba toda a Anatolia, alén da [[Siria]] e oeste da [[Mesopotamia]]. Os hititas, no entanto, parece que non penetraron moito na costa oeste da Anatolia. A famosa [[Guerra de Troia]], entre pobos non-hititas, localizouse na cidade costeira de [[Troia]], posibelmente no [[século XIII a.C.]], sen a interferencia dos hititas. No [[século XII a.C.]], os hititas foron suplantados por inmigrantes, chamados polos [[Exipto|exipcios]] de "[[pobos do mar]]" (entre os cales, probabelmente, estaban os [[frixio]]s, que fundaron o seu propio reino no centro da península).
 
=== Asirios e Lidios ===