Diferenzas entre revisións de «Nicolao Aleksandrovich de Rusia»

m
Arranxos varios
m (Bot: Engado {{Portal|Rusia}})
m (Arranxos varios)
=== Educación ===
[[Ficheiro:Nicholas Alexandrovich of Russia (1881).jpg|miniatura|150px|Nicolao Alexandrovich en [[1881]].]]
Lembraba pola nobreza do seu trato e a modestia de carácter á súa nai. Os profesores encargados de preparalo para acceder ao trono ruso ven nel a alguén excepcional, cuxa intelixencia e humanidade elevarían a [[Imperio Ruso|Rusia.]]
 
Para familiarizalo co pobo ruso, Alexandre II, faino percorrer Rusia desde que cumpriu os dezaoito anos. Estas viaxes continuas acaban por cansar ao tsarévich.
 
As causas da súa enfermidade producen varías hipótese no diagnóstico dos médicos: segundo uns, deberíase a un arrefriado da columna vertebral tras caerse dun cabalo, segundo outros, sofre de reumatismo. Recoméndaselle un tratamento de baños de mar en [[Scheveningue]], preto de [[A Haia]].
 
=== Compromiso matrimonial ===
Esperanzados nunha rápida recuperación, os seus pais deciden comprometelo no verán de 1864, coa princesa [[María Fedorovna Romanova|María Sofía Federica Dagmar de Dinamarca]], segunda filla do rei [[Cristián IX de Dinamarca]] e de [[Luísa de Hesse-Kassel]], e cuñada de Alberto Eduardo, Príncipe de Gales, herdeiro ao trono británico.<ref name="Zeepvat, 180">Zeepvat, 180</ref> Pero a pesar dos medicamentos, os baños e as masaxes, as dores do [[tsarévich]] agrávanse día tras día, e Nicolao andaba encurvado como un ancián.
 
Crese que cando estaba no seu leito de morte, Nicolao expresou o seu desexo de que a súa noiva casase co seu irmán menor e sucesor como tsarévich, [[Alexandre III de Rusia|Alexandre]].
 
=== Morte ===
Nicolao cría ter unha constitución forte ata que foi evidente que non era así. Crese que contraeu [[bronquite]] e foi enviado ao sur de Francia, onde chega en 1863, nun estado esquelético e sen apenas poder moverse. A emperatriz María Aleksandrovna instálase tamén en [[Niza]], en vila Bermond, onde segue con angustia os progresos da enfermidade do seu fillo. Na noite do 23 ao [[24 de abril]] de [[1865]], Nicolao sucumbe ante unha meninxite fulminante cerebral-espinal. De Niza, o seu corpo é levado a Villefranche (hoxe [[Villefranche-sur-Mer]]) e embarcado a bordo da fragata ''Alexandre Nevski'' para ser inhumado na [[Fortaleza de San Pedro e San Paulo|catedral de San Pedro e San Paulo]] de [[San Petersburgo]]<ref> name="Zeepvat, 180<"/ref>
 
A familia imperial rusa fixo construír un oratorio no lugar onde o Gran duque morreu, construíndose despois unha gran igrexa ortodoxa entre 1903 e [[1903|1913]], nas proximidades do oratorio, e que é cualificada a miúdo como a [[catedral ortodoxa rusa de Niza.]]
 
En [[Niza]] existe un bulevar chamado ''Tsarévich'', próximo á catedral rusa, que perpetúa o recordo do gran duque Nicolao.
393.002

edicións