Fernando León de Aranoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
completo filmografía
m Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
É licenciado en Ciencias da Imaxe pola [[Universidade Complutense de Madrid]]. En 1994 escribiu e dirixiu a súa única [[curtametraxe]], ''Sirenas'', premiada en varios festivais nacionais. A súa ópera prima ''[[Familia (película)|Familia]]'' ([[1996]]), película que escribe e dirixe, recibiu o [[Premio Goya ó mellor director novel]] e os premios á mellor dirección, o premio Fipresci e o premio do público no festival internacional de cine de [[Valladolid]], entre outros. Adaptada para a escena, a súa versión teatral foi estreada en distintos países.
 
En [[1998]] escribiu e dirixiu a súa segunda longametraxe, ''[[Barrio (película)|Barrio]]'', que obtivo tres Premios Goya (Mellor dirección, Mellor guión orixinal e Mellor actriz revelación), así coma a [[Cuncha de Prata ó mellor director]] no [[Festival Internacional de Cine de Donostia]], o premo Fipresci, Fotogramas, Jose María Forqué, Sant Jordi e Turia, entre outros.
 
Escribiu e dirixiu ''[[Os luns ó sol]]'' ([[2002]]), que obtivo cinco [[Premios Goya]] -Mellor película e Mellor dirección entre outros-, amais da [[Cuncha de Ouro á Mellor Película]] do Festival de Donostia e os premios Fipresci, Fotogramas, Ondas, Jose María Forqué, Juan Antonio Bardem, Luis Buñuel, e o premio Ariel da Academia mexicana de cine á mellor película Iberoamericana, entre moitos outros. Protagonizada por [[Javier Bardem]], foi a proposta da Academia do cine español para as candidaturas ó [[Premios Oscar|Oscar]] á mellor película de lingua non inglesa. ''Os luns ó sol'' está especialmente ligada a Galicia por rodarse en parte na cidade de [[Vigo]] e contar no seu elenco e equipo técnico con multitude de profesionais galegos.
Liña 11:
''[[Princesas]]'' ([[2005]]), cuarta película de ficción que escribe e dirixe, é ademais a súa primeira experiencia como produtor. Recibiu 3 premios [[Premio Goya|Goya]] da Academia española de Cine ás súas dúas actrices protagonistas e á mellor canción orixinal, composta por [[Manu Chao]], así coma o premio [[Premio Ondas|Ondas]] ó acontecemento cinematográfico do ano e o premio [[Protagonistas]] á mellor película, entre outros. Participa na sección oficial do [[Festival de Cine de Sundance|Festival de cine independiente de Sundance]]. ''Princesas'', vista nas salas cinematográficas por máis dun millón de espectadores, foi a segunda película española mellor acollida polo público ese ano.
 
Fóra de [[España]], os festivais da [[A Habana|Habana]], Os Ánxeles, [[Miami]], [[Houston, Texas|Houston]], [[Cidade de México]], [[Gramados]], [[Valdivia]], Angers ou [[Nantes, Francia|Nantes]] premiaron as súas películas.
 
Como documentalista, dirixe en [[México]] ''Caminantes'' ([[2001]]), premiado nos festivais da Habana, Los Angeles, Nueva York e Alcalá de Henares. Colabora como guionista en La espalda del mundo ([[1997]]) e na dirección de Izbieglize ([[1994]]), rodado nos últimos meses da guerra de [[Bosnia e Hercegovina]]. Recentemente dirixiu o documental Buenas noches, Ouma ([[2006]]) para Médicos Sen Fronteiras, sobre o conflito armado no norte de [[Uganda]], actualmente en postprodución.
 
Como guionista asina longametraxes coma ''Fausto 5.0'', ''Insomnio'' ou ''Corazón Loco'' entre moitos outros. Tamén programas coma ''Un, Dos, Tres'' ou os shows televisivos de [[Martes y 13]], e series de grande prestixio coma ''Turno de oficio'' para [[RTVE]].
 
Publicou varios relatos e narracións breves, recibindo por eles o Premio Antonio Machado en dúas ocasóns. Traballou tamén coma debuxante e ilustrador.
Liña 124:
|}
 
{{ORDENAR:Leon de Aranoa,Fernando}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Leon de Aranoa,Fernando}}
[[Categoría:Directores de cine de España]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]