Dadaísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 56:
|}
 
O ''' Dada''' ou '''Dadaísmo''' foi un [[movemento artístico]] xurdido en [[Europa]] ([[Suíza]]) e en [[Norteamérica]] en [[1915]], que se caracterizou por acenos e manifestacións provocadoras en que os artistas pretendían destruír tódalas convencións con respecto á [[arte]], creando unha ''anti-arte''.
 
As intencións do grupo eran basicamente a internacionalización da arte e a propagación da arte abstracta. [[Archipenko]] era considerado unha guía irrefutable en cuestións plásticas.
 
== Historia e características ==
Suíza, a partir do estalido da guerra en 1914, convértese nun centro de refuxiados pacifistas de toda Europa. Alí encontráronse tódolos disidentes doutras escolas previas, tales como o [[expresionismo]] alemán, o [[futurismo]] italiano ou o [[cubismo]] francés. Isto dá ó movemento Dada, a particularidade de non ser un movemento de rebeldía contra outra escola anterior, senón que se funda nun cuestionamento de todo o marco conceptual da arte e da literatura de antes da [[Primeira guerra mundial]].
 
En 1916, en [[Zúric]], un grupo de artistas instalaron nunha cervexaría un pequeno cabaré, tras varios encontros informais en distintos cafés, e empezou a tomar forma a idea de crear un cabaré internacional ó que bautizaron como [[Cabaré Voltaire]]. Alí reuníronse os [[Alemaña|alemáns]] [[Hugo Ball]] (filósofo), [[Hans Richter]] e [[Richard Huelsenbeck]]; os [[Romanía|romaneses]] [[Tristan Tzara]] (poeta) e [[Marcel Jank]] (pintor); e o pintor [[Alsacia|alsacianoalsacia]]no (logo [[Francia|francés]]) [[Jean Arp]]. Estes artistas e intelectuais comezaron a colaborar nunha serie de actividades que tiñan lugar no cabaré e editaron a revista que levaría o nome de "Dada".
 
A primeira celebración tivo lugar o [[5 de febreiro]] de [[1916]] no [[Cabaré Voltaire]], e consistiu nun espectáculo de variedades con cancións francesas e alemás, música rusa, música negra e exposicións de arte.
 
A orixe do termo Dada é confuso e controvertido.
Liña 73:
* De acordo con outras versións, foron os camareiros do Café Terrasse, lugar onde se acostumaban a encontrar estes artistas centroeuropeos, quen identificaron primeiramente ó grupo como dada: para eses camareiros, as linguas faladas por aqueles emigrados eran incomprensibles, salvo a sílaba "da-da" ("si, si", en ruso e outras linguas)
Nese mesmo ano, 1916, publicouse un panfleto titulado '''Cabaré Voltaire''' contendo achegas de [[Guillaume Apollinaire|Apollinaire]], [[Marinetti]], [[Pablo Picasso|Picasso]], [[Amedeo Modigliani|Modigliani]] e [[Wassily Kandinsky|Kandinsky]]. Na cuberta, aparecía un debuxo de [[Jean Arp]].
 
En 1917 inaugurouse a Galería Dadá e Tristán Tzara comezou a publicación do periódico ''Dadá''. En [[Nova York]], [[Marcel Duchamp]] e [[Francis Picabia]], ós que se lles achega [[Man Ray]], por estas mesmas datas, xunto co galerista [[Alfred Stieglitz]], comezan a publicación dunha revista chamada [[291]] (o nome tomado do número do apartamento da Quinta Avenida en que se situaba a galería). Ambos artistas adoptaron actitudes iconoclastas similares ás do grupo de Zúric, e en [[1918]], Picabia, tras reunirse ó seu paso por Barcelona as forzas de [[Cravan]], [[Gleizes]] e [[Laurencin]], reúnese co grupo de Zúric en [[Lausana]].
 
En [[1917]] Huelsenbeck establece o movemento dadaísta en [[Berlín]] con [[George Grosz]] e [[Raoul Hausmann]]. En [[1918]] o movemento toma forma tamén en [[Colonia, Alemaña|Colonia]] baixo as directrices do periodista [[Baargel]] e o pintor [[Max Ernst]], ós que se uniu Jean Arp. Pola súa parte Tzara volveu a [[París]] en [[1920]] e puxo en marcha moitas actividades e manifestacións dadaístas para as que contou coa colaboración de [[André Breton]], [[Paul Éluard]], Soupault e Aragón.
Liña 87:
::''...estabamos á busca dunha arte elemental que salvaría á humanidade da loucura daquela época...'' '''Jean Arp'''.
 
Ó tempo en que se desenvolvían as escandalosas veladas do Cabaré Voltaire, Arp, Richter e Janco estaban á busca dunha arte abstracta que Arp pretendía fose anónima e colectiva.
 
Por entón, Arp empezou a facer relevos, colaxes e bordados nos que xa empezan a aparecer as formas xeométricas e orgánicas características da súa obra. Desenvolveu algúns métodos de facer arte que pouco máis tarde terían un papel decisivo no desenvolvemento do Surrealismo: ciscar tinta sobre un papel (automatismo), romper un debuxo e deixar que os anacos ó caer cren unha nova composición ([[azar]]) etc.
Liña 103:
 
== Dadá en Nova York (1915-1920) ==
Duchamp, Picabia, [[Jean Crotti]], como europeos refuxiados, xunto cos americanos [[Man Ray]], [[Morton Schamberg]] e outros dan vida ó dada neoiorquino.
 
A primeira guerra mundial tamén levou a Nova York a grupos de artistas refuxiados. Entre eles hai que destacar a Duchamp e Picabia.
 
Duchamp chegou a Nova York de París cun regalo para o coleccionista [[Walter Arensberg]] que consistía nunha bola de cristal con aire de París. Era o comezo dos [[ready-made]]s (unha roda de [[bicicleta]] montada sobre un tallo, un botelleiro, un ouriñal etc.), obxectos sacados da realidade e postos na esfera da arte pola simple acción e vontade do artista. O deleite estético estaba fóra das súas intencións e a elección dos obxectos :
Liña 111:
::''...se baseaba nunha reacción de indiferenza visual, coa total ausencia de bo ou mal gusto...de feito unha completa anestesia...''. '''Duchamp'''.
 
Estes refuxiados se integraron coas correntes vangardistas que dende comezos do século se estaban xestando en [[Harlem]], [[Greenwich Village]] e [[Chinatown]]. Inda que Nova York non era Zúric, nin existía ese clima de refuxiados políticos da cidade suíza, o espírito iconoclasta. A maioría de artistas dadaístas tiñan un pensamento [[nihilismo|nihilista]].
 
En [[1913]] tivo lugar en Nova York a Exposición Internacional de Arte Moderna, máis coñecida como o [[Armory Show]]. Alí, o
''[[Espido descendendo unha escaleira]]'' de [[Marcel Duchamp]] causou unha auténtica conmoción e foi cualificada como de obra mestra por Breton. Duchamp converteuse na besta negra da arte moderna. Marcel Duchamp pasou á historia como un dos artistas máis enigmáticos e intelixentes.
 
A obra máis importante de Duchamp é ''[[A casada espida polos seus solteiros]]''. Xa coñecida como ''[[o gran vidro]]''. Nesta obra, entre outras cousas, Duchamp utiliza técnicas nas que pon de manifesto a súa preocupación pola corrección matemática no uso das formas. A peza está precedida no seu proceso de realización por multitude de debuxos nos que calculou tódolos detalles con precisión matemática, coma se se tratase dunha máquina. Tamén utiliza o azar ó admitir como parte da peza as roturas que esta sufriu en 1923 ó ser trasladada a unha exposición en [[Brooklyn]]. Duchamp dixo que aquilo non alteraba a peza, senón que era entón cando a daba por acabada.
 
Duchamp, a partir de 1921, abandona a arte para dedicarse ó xadrez.
Liña 128:
== Dadá en Berlín ==
En [[Alemaña]] é onde Dadá adquire un cariz máis marcadamente
político. Ideoloxicamente, as posturas dos artistas dadaístas eran [[comunismo|comunistas]] e, nalgúns, casos [[anarquismo|anarquistas]]. Tras a guerra, Alemaña entra nunha crítica situación. Tras a revolución bolxevique, o partido Espartaquista alemán -a esquerda socialista- ensaia tamén a revolución en Alemaña. En toda esa axitación social un grupo de artistas van a incorporarse ás teses esquerdistas: será o Movemento dadaísta.
 
Procedente do grupo de Zúric, [[Richard Huelsenbeck]], trae a Berlín o espírito dadaísta, pero moito máis radical contra as anteriores escolas vangardistas (futurismo, cubismo). En 1918, no Salón da [[Nova secesión]], Huelsenbeck dá o primeiro discurso Dadá en Alemaña, solidarizándose en primeiro lugar cos dadaístas de [[Zúric]] para despois atacar violentamente ó [[Cubismo]], ó [[Expresionismo]] e ó [[Futurismo]]. Pouco despois elaborou o primeiro manifesto dadaísta en Alemaña. Huelsenbeck co poeta [[Raoul Hausman]] promove declaracións e manifestos a partir do "Dada Club".
 
Ó club Dadá uníronse [[Kurt Schwitters]], [[Georg Grosz]] e os irmáns Herfelde. O pintor Georg Grosz tiña marcadas tendencia políticas.