Andrii Shevchenko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 27:
Foi o máximo goleador na súa primeira tempada na [[Serie A]] [[1999]]-[[2000|00]]. Foi elixido máximo goleador da Champions League, con 53 goles, e coa posibilidade de aumenta-la en vindeiros anos, debido a que nesta última edición o seu equipo sucumbiu ante o Barcelona. O gol co que Shevchenko impuxo a marca, foi contra [[Oliver Kahn]], gardametas do [[Bayern Múnic]]. Superando ó anteriormente máximo goleador [[Raúl González Blanco|Raúl González]] (52). Tamén foi o máximo goleador na tempada 2003-2004 con 24 goles o cales axudaron ó Milan a gañar por decimosétima vez a [[Serie A]]
 
No [[2003]] gañou a [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]] co [[AC Milán]], anotando o penalti que lle deu a vitoria. Fíxose tamén co ''Scudetto'' na tempada [[2003]]-[[2004|04]] e co [[Balón de Ouro]] en [[2005]].
 
Caracterízase pola súa velocidade, potencia e precisión nos remates a porta, e é un dos mellores dianteiros de toda Europa.
Shevchenko, conseguiu se-lo mellor xogador da UEFA no 2004. Da súa man, a [[Selección de fútbol de Ucraína|selección Ucraína]] xogou o seu primeiro mundial, onde compartiu grupo con [[Selección de fútbol de España|España]], [[Selección de fútbol de Túnez|Túnez]] e [[Selección de fútbol de Arabia Saudí|Arabia Saudí]]. anotou o seu primeiro gol nun mundial en [[Mundial de Fútbol Alemaña 2006|Alemaña 2006]], ante Arabia Saudita o [[19 de xuño]] de [[2006]].
 
O [[1 de xuño]] do [[2006]], o club londiniense [[Chelsea Football Club|Chelsea]], fichou ao astro ucraíno por 51 millóns de euros. O dono do club londiniense, o multimillonario [[Roman Abramovic]], sempre mostrou interese polo dianteiro, que marabillou ao club ''rossonero'' ó marcar 173 goles en 7 anos na entidade milanista, converténdose no segundo máximo anotador da historia do club. O xogador comentou que a súa decisión fora por motivos familiares, mais se di que Abramovic seduciuno cun grande cheque en ''libras esterlinas'', amais da oportunidade de xogar a carón de estrelas coma [[Arjen Robben]], [[Frank Lampard]], [[Didier Drogba]], [[Petr Čech]], [[Joe Cole]], [[John Terry]] e a nova adquisición dos ''blues'', o mediapunta capitán da selección de Alemaña, [[Michael Ballack]], procedente do [[Bayern Munich]].
 
== Clubs ==
Liña 41:
* [[Ficheiro:Flag of Ukraine.svg|20px]] [[Dinamo de Kiev]] [[2009]] -
 
{{ORDENAR:Shevchenko, Andriy}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Shevchenko, Andriy}}
[[Categoría:Futbolistas de Ucraína]]
[[Categoría:Futbolistas da Unión Soviética]]