Teodorico o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 14:
Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] e [[ostrogodos]]. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.
 
En [[511]] interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de [[Alarico II]] na [[batalla de Vouillé]] ([[507]]), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador [[Xesaleico]] e coroou ao seu neto [[Amalarico]], fillo de [[Alarico II|Alarico]] e da súa filla [[Tindigota]]. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo ([[526]]), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.
 
Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Rávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.