Eusébio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
m →‎Clubs: Arranxos varios, replaced: amáis → amais
Liña 68:
Eusébio naceu na cidade de Lourenço Marques (hoxe [[Maputo]]), en [[Mozambique]]. Comezou a xogar ao fútbol en equipos locais, coma o [[Clube de Desportos do Maxaquene|Sporting Club of Lourenço Marques]] ata que en [[1961]] marcha para [[Portugal]], fichando polo [[SL Benfica|Benfica]] por unha cantidade de £7500. É o comezo dunha longa e prolífica carreira no conxunto da cidade lisboeta. Xa na súa primeira tempada gañou a [[Liga Portuguesa de Fútbol]], o que lles deu dereito de desputa-la [[Liga de Campións da UEFA|Copa de Europa]] ao ano seguinte.
 
En 1962, amáisamais de gaña-la liga e a [[Copa de Portugal de Fútbol]], derrotaron ao [[Real Madrid]] de [[Ferenc Puskás]] e [[Alfredo Di Stéfano]] na final da Copa de Europa por 5-3, e o propio Eusebio anotou dous goles. O seu seguinte reto foi a [[Copa Intercontinental de Fútbol|Copa Intercontinental]], e aquí enfrontáronse posiblemente ás dúas mellores escadras do mundo: o Benfica "''de''" Eusébio e o [[Santos FC|Santos]] "''de''" [[Pelé]]. Tras unha derrota por 3-2 no encontro de ida en [[Brasil]], a remontada semellaba factible na volta no estadio da Luz en [[Lisboa]]. Mais [[Pelé]] fixo aquí unha das súas mellores actuacións e o Santos arrasou ó Benfica.
 
En [[1965]] foi galardoado co [[Balón de Ouro]], premio outorgado ao mellor xogador europeo do ano. En [[1968]] converteuse no primeiro gañador da recén inagurada [[Bota de Ouro]], que premia ao máximo anotador europeo. Repetiría cinco anos despois. En canto á Liga Portuguesa, entre os anos 1964 e 1973 foi o máximo anotador da competición. En total coa camisola do Benfica, segundo a [[FIFA]], anotou 727 goles en 715 encontros,<ref name="fifa2002-de">Tal coma indica no seu artigo (en [[lingua alemá|alemán]]): [http://2002.fifaworldcup.yahoo.com/02/de/020125/1/nw.html Eusebio - Der "Schwarze Panther" aus Portugal wird 60].</ref>