Xosé Henrique Rodríguez Peña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 8:
Membro de [[Coalición Galega]] (CG) desde a súa fundación, ocupou o cargo de secretario do partido na área de Acción Municipal en [[1985]]. Nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985|eleccións autonómicas de 1985]] foi elixido como deputado por esta formación. Dous anos despois, en xaneiro de [[1987]] foi impulsor e membro fundador do [[Partido Nacionalista Galego]] (PNG), organización creada como escisión de Coalición Galega. Este novo partido foi peza chave na moción de censura contra [[Xerardo Fernández Albor]] que levou á [[Presidente da Xunta|presidencia da Xunta]] o socialista [[Fernando González Laxe]]. Nese primeiro goberno tripartito Xosé Henrique Rodríguez Peña foi nomeado conselleiro de Pesca.
 
En [[1989]] non sae elixido deputado no [[Parlamento de Galicia]]. A partir dese momento o PNG-PG inicia as xestións para incorporarse no seo do [[BNG]]. Nas [[Eleccións Municipais 1979 en Galicia|eleccións municipais de 1991]] saíu escollido concelleiro na lista do [[BNG]] por [[Ourense]] e converteuse en voceiro dos nacionalistas no consistorio.
 
O [[7 de xuño]] de [[1992]] foi elixido secretario xeral do Partido Nacionalista Galego durante a celebración do seu IV Congreso. Nas [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1993|eleccións autonómicas de 1993]] foi escollido deputado por Ourense, que revalidou nas de [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997|1997]] e de [[eleccións autonómicas de 2001|2001]].
Liña 23:
Estivo casado e tivo catro fillos.
 
Como arquitecto, foi autor de traballos sobre arquitectura visigoda e [[románico|románica]] e realizou o seu traballo de especialización sobre o [[mosteiro de Oseira]].
 
Faleceu na [[clínica Povisa]] de [[Vigo]], dun [[cancro]] de vexiga. Foi incinerado en Ourense.
 
{{ORDENAR:Rodriguez Pena, Xose Henrique}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Rodriguez Pena, Xose Henrique}}
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia por CG]]