Quadi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 29 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q308885
Liña 4:
Durante moito tempo confundíronse os [[suevos]] cos cuados, en razón dunha confusión co termo «suabo». En realidade, os cuados deben ser postos en relación cos seus máis próximos veciños xermánicos, os [[marcomanos]], cos que compartiron numerosos combates contra [[Roma]].
 
A orixe exacta dos cuados é descoñecida. Establecéronse moi cedo na actual [[Morava]]. [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] (''Germania'', XLII, 1), sitúaos así:
 
: «A carón dos [[hermunduros]], viven os [[naristos]] e, a continuación destes, os marcomanos e os cuados. A gloria e o poderío dos marcomanos constitúen a súa superioridade, así como os eu territorio, que adquiriron pola súa bravura ao expulsaren hai tempo aos [[boios]]. Os naristos e os cuados non se mostran indignos. Forman de certo xeito a fronte da Xermania de lado a lado sobre toda a ribeira do [[Danubio]].»
 
Rapidamente, convertéronse ao que semella en aliados recalcitrantes de [[Roma]]. Así, na época de [[Augusto]], o futuro rei dos [[marcomanos]], [[Maroboduo]], estivera como refén en na súa xuventude. Do rei dos cuados citado por Tácito, [[Tuder]], ignórase todo. En todo caso, mantiñan unha «alianza» difícil con Roma baixo [[Domiciano]], sobre o [[80]]. Refusaron fornecer a este emperador tropas auxiliares contra os [[dacios]]. Por esta época (a data é insegura), destruíron unha [[lexión romana]]. Igualmente fixeron fronte ás tropas do Emperador nunha campaña que se revelou desastrosa para Roma, no [[89]].
 
No [[século II]], os cuados expulsaron aos dacios que, establecidos ao sur da actual [[Eslovaquia]], foran sometidos por Roma a finais do século anterior. Os cuados exerceron daquela unha presión constante sobre o ''limes'' [[Danubio|danubiano]] cos seus veciños do sur (a saber, outro pobo xermánico establecido no baixo Danubio, os [[marcomanos]]).
 
Tras traspasaren o Danubio en [[167]], e topando despois coas tropas romanas, volveron atravesar o río en [[168]], despois de solicitar a paz a [[Roma]]. Ameazando de novo as fronteiras do [[Imperio romano|imperio]], foron vencidos no seu propio territorio por [[Marco Aurelio]] en [[169]], nunha coalición desgraciada cos [[marcomanos]]. Sometidos durante un tempo, rebeláronse en [[177]].
 
No [[século III]], os cuados son vencido de novo ao lado dos [[carpos]] por [[Filipo o Árabe]] (en [[247]]).